A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Europea>
  5. Lídia Senra e Xosé Ramón Cendán debullarán as claves da OCM e da PAC nos cursos de formación organizados polo SLG n´A Terra Chá

Lídia Senra e Xosé Ramón Cendán debullarán as claves da OCM e da PAC nos cursos de formación organizados polo SLG n´A Terra Chá

28 de Novembro do 2008

Non hai imaxe

O sindicato labrego n´A Terra Chá leva perto de 20 anos organizando cursos de aptitude empresarial agraria. Estes cursos están homologados pola Xunta e están destinados a mozos e mozas que se queren incorporar a explotacións. 

Neste ano o curso comezou o 3 de novembro e rematará o 3 de febreiro do 2009 (tendo vacacións no Nadal), completando un total de 270 horas impartidas en sesións de tarde. 

Para o SLG, a formación sempre foi e é un eixo fundamental no que traballar. Valoramos moi positivamente a impartición destes cursos na comarca, xa que facilitan a asistencia sobre todo das mozas que teñen cargas familiares (fill@s pequen@s, persoas maiores etc) ademais da explotación, e ás cales lles sería imposíbel asistir ás escolas de capacitación habilitadas pola Administración. 

Nestes cursos o alumnado adquire a formación básica para levar unha explotación. As clases afondan nas claves da xestión técnico-económica, o asociacionismo e comercialización, prevención de riscos, sensibilización medioambiental, agrotecnoloxía, forraxes e alimentación, produción de leite e manexo do gando. 

Os distintos módulos son impartidos por especialistas nas distintas materias (persoal da Xunta de Galiza, etc.) a formación teórica compleméntase con visitas e prácticas. 

Os vindeiros días 1 e 2 de decembro contaremos con dous ponentes de luxo: Xosé Ramón Cendán (natural de Abadín), Secretario de Relacións Internacionais no SLG e Lídia Senra, Secretaria de Organización no SLG e Responsábel de Producións Animais da Coordenadora Europea Vía Campesina. Ámbolos dous son líderes históricos do Sindicato Labrego Galego. 

Xosé Ramón Cendán achegará ás alumnas e alumnos temas como os derradeiros acordos establecidos na recente revisión da PAC ou as claves da Organización Común do Mercado (OCM), Lídia Senra desenvolverá as pautas da OCM do leite. 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Margarida Prieto Ledo, coordenadora comarcal n´ A Terra Chá 
TLF: 659 985 308

Ficheiro adxunto