A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Europea>
  5. Sonia Vidal Lamas centrará o seu traballo no Comité Coordinador da ECVC en áreas como Mulleres ou Mocidade

Sonia Vidal Lamas centrará o seu traballo no Comité Coordinador da ECVC en áreas como Mulleres ou Mocidade

6 de Xuño do 2019

Comité Coordinador ECVC

A gandeira de Xunqueira de Ambía e membro da Executiva do Sindicato Labrego Galego, Sonia Vidal Lamas, participou nunha xuntanza de traballo da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC-European Coordination Vía Campesina), que se celebrou en Bucarest (Romanía) do 3 ao 5 de xuño.

A xuntanza fíxose na capital romanesa coincidindo coa reunión do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da Unión Europea nesta cidade. Precisamente, unha das cuestións tratadas polo Comité Coordinador da ECVC foi analizar os resultados das Eleccións Europeas e como afrontalos dende unha perspectiva de traballo coa Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (Comagri).

A nivel interno, tamén se fixo o reparto de responsabilidades de traballo no seo do Comité Coordinador. Neste senso, Sonia Vidal levará o maior peso da xestión da área de Mulleres e, xunto a outras compañeiras, tamén coordinará Mocidade, o desenvolvemento da Declaración dos Dereitos Labregos da ONU ou as accións de La Vía Campesina en Europa ao redor do Decenio da Agricultura Familiar da FAO.

ECVC RomaníaECVC Romanía