A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Europea>
  5. Valoración da reunión das organizacións agrarias co presidente do Estado

Valoración da reunión das organizacións agrarias co presidente do Estado

31 de Decembro do 2009

Non hai imaxe

Zapatero recoñece unha vella reivindicación do SLG: Hai que modificar as normas para ter prezos para vivir. Para o Sindicato Labrego Galego, o máis destacable da reunión mantida onte polo presidente do Estado coas organizacións agrarias, foi o recoñecemento dunha vella reivindicación do SLG: a constatación do fracaso da política agraria actual.

As políticas agrarias que se veñen desenvolvendo, levaron a un sector estratéxico como é o agrario, a esta grave crise, na medida en que os produtores/as percibimos prezos ruinosos derivados desa política neoliberal e que deixou á alimentación nas mans das multinacionais. Seguramente este recoñecemento teña que ver con que a sociedade Europea en xeral, e en Galiza en particular, percibe que as políticas agrarias e alimentares teñen que cambiar.


Os cambios normativos que dean resposta a esta situación de crise de prezos para o sector produtor, que o presidente se comprometeu a abordar a nivel político, son os que na presidencia española da U.E. do primeiro semestre de 2009, debe liderar en todas as reunións para facer realidade ese cambio de rumbo recoñecido como necesario.


Desde o SLG esperamos que non se siga a senda da desregulación, nin se afonde en medidas propias do neoliberalismo como as bolsas de futuros nas materias primas alimentares. Agardamos que dunha vez por todas impere a sensatez, establecendo  políticas imprescindibles para ter prezos que fagan viables as explotacións, baseándose na regulación dos mercados e das producións, para que estas sexan o eixo central deses compromisos políticos que o señor Zapatero asumiu.


Outras cuestións como o refinanciamento das débedas ou o plan de estímulo da demanda, entendemos que son de interese neste momento, pero non deixan de ser un mero parche se a cuestión central da pervivencia das explotacións non se aborda con visos de futuro. Se non temos prezo para vivir do traballo de producir alimentos e viabilizar as nosas explotacións, estas outras medidas que hoxe son necesarias, non evitarán o peche nun futuro próximo de milleiros de explotacións.


O SLG seguirá moi pendente do alcance e da concreción dos compromisos que onte, o Presidente, dixo asumir para salvar á agricultura.


Moitas grazas pela vosa  atención.    
Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

Ficheiro adxunto