A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Europea: 2009

  1. Non hai imaxe

    Valoración da reunión das organizacións agrarias co presidente do Estado

    31 de Decembro do 2009 · 

    Zapatero recoñece unha vella reivindicación do SLG: Hai que modificar as normas para ter prezos para vivir. Para o Sindicato Labrego Galego, o máis destacable da reunión mantida onte polo presidente do Estado coas organizacións agrarias, foi o recoñecemento dunha vella reivindicación do SLG: a constatación do fracaso da política agraria actual.

  2. COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

    Carta aberta da ECVC a prol da regulación dos mercados

    10 de Decembro do 2009 · 

    Onte, mércores 9 de decembro, a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC), da cal o SLG forma parte, realizou o envío dunha carta aberta ás ministras e ministros de agricultura dos  22 países da UE,  reunid@s hoxe en París para tratar o futuro da PAC a partires do 2013.

  3. Carme Freire, referente para os medios galegos presentes en Madrid

    Participación do SLG na manifestación multisectorial unitaria que tivo lugar o sábado 21 en Madrid

    23 de Novembro do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego, coa súa Secretaria Xeral Carme Freire Cruces á cabeza, participou na histórica manifestación multisectorial unitaria que tivo lugar o pasado sábado en Madrid.

  4. 211109madrid

    Mobilización multisectorial sábado 21 en Madrid.

    20 de Novembro do 2009 · 

    O Sinidicato Labrego Galego participará mañá na manifestación multisectorial convocada a nivel estatal en Madrid

  5. Carme Freire dende o mercado transparente celebrado en Compostela

    Venres 20 de novembro: mobilizacións multisectoriais en LUGO, PONTEVEDRA, XINZO, A CORUÑA E COMPOSTELA

    20 de Novembro do 2009 · 

    Mercado transparente, concentracións reivindicativas e manifestación: unión de tódolos sectores para demandar a modificación da actual política agraria.

  6. mob201109

    Mercado transparente, concentracións reivindicativas e manifestación: reclamamos a modificación da actual política agraria.

    19 de Novembro do 2009 · 

    Na mañá de hoxe a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa en Santiago das accións reivindicativas que terán lugar o vindeiro venres 20 en toda Galiza. Ditas mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, enmárcanse na convocatoria que será secundada en todo o Estado español e que fará cumio o vindeiro sábado 21 cunha grande manifestación multisectorial en Madrid .

  7. almanaque

    Almanaque de roldas de prensa: mobilizacións comarcais que terán lugar o 20 de novembro.

    17 de Novembro do 2009 · 

    Entre mañá, mércores 18, e pasado mañá, xoves 19, o SLG dará conta, por medio de roldas de prensa, das accións reivindicativas comarcais que terán lugar o vindeiro venres 20. Ditas accións atópanse enmarcadas na convocatoria de mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, que terán lugar en todo o Estado español.

  8. prezos xustos e regulación das marxes comerciais

    RdP n´A Terra Chá: Mobilizacións pola modificación das políticas agrarias os vindeiros 20 e 21 de novembro

    15 de Novembro do 2009 · 

    Mañá, luns 16, ás 12:30, terá lugar unha rolda de prensa comarcal n´A Terra Chá para darmos conta das mobilizacións que o SLG levará a cabo nos vindeiros  20 e 21 de novembro. Actualizada.

  9. ecvc

    Lídia Senra transmitirá mañá en Bruxelas as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para a resolución da crise do leite

    9 de Novembro do 2009 · 

    Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel do Sector Leiteiro na Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) será a encarregada de transmitir mañá ao “Grupo de alto nivel”* da Unión Europea para o tratamento da crise de prezos pola que está a atravesar o sector produtor de leite europeo, as propostas da Coordenadora Europea Vía Campesina para a resolución desta grave situación que se prolonga dende fai máis dun ano.

  10. Carme Freire Cruces

    O SLG convoca mobilizacións pola modificación das políticas agrairas para os vindeiros 20 e 21 de novembro

    9 de Novembro do 2009 · 

    Diante da situación de baixísimos prezos que nestes últimos meses están a vivir todos os sectores do agro galego, sendo a situación da produción de leite a máis coñecida, -cobrándose arestora un 25cnt/L. de media, moi lonxe dos 0,31€ prometidos baixo acordo no verano pasado en Madrid-, o Sindicato Labrego Galego convoca mobilizacións para os vindeiros 20 e 21 de novembro, participando deste xeito ás xornadas de mobilización a nivel estatal.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte