A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Europea: 2009

  1. prezos xustos

    RdP Luns 9 de novembro: Convocatoria do SLG de cara ás mobilizacións multisectoriais por un prezo xusto para os nosos produtos

    8 de Novembro do 2009 · 

    Ás 11:30 de mañá, luns 9, a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, dará conta das mobilizacións que o Sindicato Labrego Galego levará adiante co gallo das accións reivindicativas multisectoriais convocadas en todo o Estado para os vindeiros 20 e 21 de novembro en aras de demandar solucións á grave crise económica pola que están a atravesar os produtores e produtoras de alimentos.

  2. liberdade de expresión

    A Lei de Representatividade no Agro: un exemplo antidemocrático para a sociedade

    29 de Outubro do 2009 · 

    O pasado 21 de outubro foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación por parte do Congreso e do Senado, da nova Lei de Representación das Organizacións Agrarias* (derrogación da Lei 23/1986).  No o actual marco legal esta é  unha lei antidemocrática, posto que nin tan sequera recoñece ás organizacións agrarias das distintas nacionalidades históricas recollidas no artigo 7 da Constitución Española.

  3. Carme Freire Cruces na realización do IIIMercado da Transparencia

    III Mercado da Transparencia: Produtoras/es e consumidoras/es reivindican conxuntamente prezos xustos para os alimentos

    26 de Marzo do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiou a mobilización convocada en Madrid na mañá de onte, mércores 25,  polas organizacións Coordenadora de Agricultoras/es y Ganaderos (COAG), a Unión de Consumidores/as de España (UCE) e a Organización de Consumidores/as CEACCU, visibilizada mediante a celebración do III Mercado da Transparencia.

  4. Mercado celebrado polo SLG na Galiza no 2008

    O SLG apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia

    24 de Marzo do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia, acción reivindicativa coa cal se denunciará a práctica reiterada do establecemento de marxes comerciais abusivas aplicadas polas empresas multinacionais da distribución aos nosos produtos.

     

    ROLDA DE PRENSA SINDICATO LABREGO GALEGO EN MADRID

     

    MÉRCORES

    25

    11:45

    Paseo de Recoletos,

    nas instalacións

    do Mercado Agrario

    MADRID

    Intervirá 

    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2