A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Europea: 2010

  1. Dacian Ciolos,comisario de agricultura

    Primeiro encontro entre a Coordenadora Europea Vía Campesina e o comisario de agricultura, Dacian Diolos

    13 de Abril do 2010 · 

    Das 11:30 ás 14:30hrs. de hoxe, terá lugar en Bruxelas a primeira xuntanza da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC) co novo comisario de agricultura, Dacian Ciolos.

  2. pac2013 a terra chá

    Continuamos en Vilalba a rolda de debate da PAC2013 e das implicacións para a nosas explotacións

    6 de Abril do 2010 · 

    Mañá, mércores 7 de abril, o Sindicato Labrego Galego celebrará a partires das 11:00hrs., no Hostal Restaurante Terra Chá de Vilalba, a seguinte das xornadas técnico-sindicais nas que estamos a abordar as axudas da Política Agraria Común (PAC), así coma as novidades introducidas neste ano da man da reforma levada a cabo durante o ano pasado, denominada “chequeo médico da PAC”.

  3. labregas explotación

    Na Galiza e en Bruxelas, o SLG e a CEVC defendemos unha reforma da PAC que supoña garantía de rendas e alimentación

    26 de Marzo do 2010 · 

    O pasado 27 de xaneiro o presidente da Xunta comprometeuse coas organizacións agrarias a consensuar unha reforma das políticas agrarias que incluíra os cambios normativos necesarios -aproveitando ademais a oportunidade que se presesenta coa presidencia do Estado español na UE- que garantira rendas xustas para os produtores e produtoras e alimentos sans e de calidade para a cidadanía, así coma o coidado do medio ambiente.

  4. DEBATE INFORMATIVO PAC CHANTADA

    Continuación en Chantada da rolda de debate do SLG sobre a futura PAC2013

    25 de Marzo do 2010 · 

    Mañá, venres 26 de marzo, o Sindicato Labrego Galego celebrará en Chantada a seguinte das xornadas técnico-sindicais de información sobor da actual Política Agraria Común (PAC) e debate da vindeira PAC2013, enmarcada na rolda de debate e información que estamos levando a cabo ao longo do presente mes de marzo.

  5. COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

    Por unha Política Agrícola e Alimentaria Común 2013 no marco da soberanía alimentaria

    23 de Marzo do 2010 · 

    A PAC actual, así como a Organización Mundical do Comercio (OMC) que a enmarca, teñen demostrado non só ser incapaces de resolver os problemas, senón que conseguiron agravalos: as explotacións agrícolas desaparecen rapidamente, o paro aumenta cada vez máis, a fame alcanza xa a mil millóns de persoas, o planeta quéntase, a biodiversidade desaparece, os efectos negativos para a saúde dos métodos de produción e consumo dominantes aumentan con rapidez...

  6. labrega

    A afiliación do SLG debate propostas para a promoción dunha agricultura labrega na PAC2013

    22 de Marzo do 2010 · 

    No día de hoxe tivo lugar n´A Estrada a décima xornada de debate do Sindicato Labrego Galego dentro da programación de case unha vintena de encontros que abarcan as zonas de Teixeiro, Arzúa, Ferrol, Betanzos, Ordes, Lalín, A estrada, Pontecaldelas, Becerreá, Chantada, Ribadeo, Lourenzá, Santa Comba e Vilalba.

  7. PAC2013

    O SLG abordará nunha rolda de debate a futura PAC2013 e as implicacións para a nosas explotacións

    19 de Marzo do 2010 · 

    O vindeiro luns 22 de marzo o Sindicato Labrego Galego celebrará unha xornada técnico-sindical na que se informará das axudas da Política Agraria Común (PAC), así coma das novidades introducidas neste ano da man da reforma levada a cabo durante o ano pasado, denominada “chequeo médico da PAC”.

  8. Europa

    Rolda de prensa (Lalín): A situación das axudas da PAC no Deza

    17 de Marzo do 2010 · 

    Ás 11:30hrs. de mañá, xoves 18 de marzo, a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, e a coordenadora comarcal do SLG n´O Deza, María Fernández Granja, transmitirán rolda de prensa unha análise da actual situación das axudas da PAC na comarca do Deza.

  9. Carme Freire Cruces

    Etiquetaxe de produtos supostamente galegos: unha burla para o noso país

    15 de Marzo do 2010 · 

    Na proposta de etiquetaxe realizada pola Consellaría do Medio Rural o pasado venres 12 de marzo, no marco da Comisión Permanente do Consello Agrario, a catalogación “FEITO EN GALICIA” non só se lle porá á materia prima producida na Galiza, senón que aquelas empresas que teñan razón ou sede social eiquí, polo tanto que elaboren, transformen ou comercialicen no país, xa terían dereito a empregala.

  10. crise alimentaria

    Declaración Alimentaria Europea: Por unha Política Agrícola e Alimentaria Común sa, sustentábel, xusta e solidaria.

    12 de Marzo do 2010 · 

    Logo de máis de medio século de industrialización da produción agrícola e alimentaria, a agricultura labrega reduciuse moito en Europa e as culturas alimentarias locais diminuíron. Hoxe o noso sistema alimentario é dependente dos combustíbeis fósiles, non recoñece a auga e a terra como recursos limitados, e apoia réximes alimentarios malos para a saúde, ricos en calorías e en graxa e pobres en froitas, verduras e cereais.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte