A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Europea: 2014

  1. Rede Galega de Sementes

    A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo rexeita a proposta sobre comercialización de sementes

    14 de Febreiro do 2014 · 

    O pasado 11 de febreiro, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (Comagri) do Parlamento Europeo rexeitou proposta de regulamento para a produción e comercialización dos materiais de reprodución vexetal. Este rexeitamento súmase ao feito pola Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria.

  2. Manifestación Bruxelas

    Mobilizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina en Bruxelas para defender as sementes labregas

    4 de Febreiro do 2014 · 

    No Ano Internacional da Agricultura Familiar, á que a ONU lle pide nutrir ao planeta, os labregos e labregas de tódolos países europeos, integrantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), manifestáronse diante do Parlamento Europeo, o 20 de xaneiro, para reclamar o recoñecemento do seu dereito a seleccionar, conservar, utilizar, intercambiar e comerciar as súas sementes.

  3. Estafa PAC

    A aplicación da PAC ameaza sectores estratéxicos galegos como a horta, o viño ou a carne de vacún

    22 de Xaneiro do 2014 · 

    Tralas xuntanzas do Ministerio de Agricultura co Comité Asesor Agrario onte, 20 de xaneiro, e coas comunidades autónomas hoxe, 21 de xaneiro, o departamento que dirixe Miguel Arias Cañete fará ouvidos xordos ás propostas de COAG e Sindicato Labrego Galego e consumará unha Política Agraria Común (PAC) para o Estado Español que fará unha foto fixa da dilapidación millonaria de fondos comunitarios que se perpetrou en anos pasados e que de pouco serviu para apoiar as actividades agrogandeiras e ás explotacións profesionais.

  4. Sementes

    O SLG apoia as mobilizacións en Bruxelas para defender o dereito a cultivar e intercambiar as nosas propias sementes

    20 de Xaneiro do 2014 · 

    O Parlamento Europeo está a piques de votar un paquete lexislativo sobre a comercialización de sementes e a saúde das plantas e animais. Trátase dunha serie de normas nas que a cidadanía europea se xoga o control sobre a produción de alimentos. Moitas industrias e transnacionais vén nesta nova lexislación unha oportunidade para facer negocio e lucrarse, polo que están a exercer unha grande presión a través de lobbies sobre os parlamentarios, parlamentarias e partidos políticos que tomarán esta decisión por nós.

  5. Isabel Vilalba con Cañete

    A secretaria xeral do SLG denuncia ante Cañete os agravios que discriminan a Galiza nas axudas da nova PAC

    16 de Xaneiro do 2014 · 

    O 15 de xaneiro, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, mantivo unha xuntanza co ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, na subdelegación do Goberno en Ourense. Ao encontro tamén asistiron representantes das demais organizacións agrarias galegas, así como a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2