A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SINDICATO LABREGO GALEGO NON AVALA UN CONTRATO HOMOLOGADO SEN PREZO PARA A PATACA

O SINDICATO LABREGO GALEGO NON AVALA UN CONTRATO HOMOLOGADO SEN PREZO PARA A PATACA

4 de Septembro do 2008

Pataca de Galicia

A demanda dun Contrato Homologado, no que se estableza un Prezo Base Mínimo que dea estabilidade ao sector produtor de patacas, é unha das reivindicacións históricas do Sindicato Labrego Galego.

Este sector atópase inmerso dende hai anos nunha dinámica de fortes oscilacións de prezos entre campañas, que perxudican tanto a produtores/as como a consumidores/as.

Nos derradeiros meses creouse unha mesa para buscar medidas de apoio ao sector, que pasan por mellorar o asesoramento técnico, os sistemas de produción, a xestión de residuos e buscar medidas que reduzan os altísimos custos de produción á vez que nos adaptamos ás necesidades do mercado.

Xunto cun Contrato Homologado, haberíase de crear unha Comisión de Seguimento na que a súa función sexa a de realizar un seguimento, vixianza e control do contrato.

Un contrato debe de satisfacer a ámbalas dúas partes, tanto ao comprador/a como para o vendedor/a. Ao comprador/a garantíndolle unha cantidade e unha calidade de produto e ao vendedor/a garantíndolle unhas condicións de pago e un prezo mínimo.

Elaborar un Contrato Homologado sen establecer un prezo mínimo é o mesmo que proporcionar aos traballadores/as dunha empresa un convenio colectivo sen garantías do que van cobrar a fin de mes.

Ao mesmo tempo déixase á parte compradora carta branca para negociar de forma individual marxes de beneficio, na procura do establecemento dun control ao produtor/a que, en troques de axudalo a reducir custes de produción, exprimirá aínda máis as poucas marxes de beneficio que lle quedan a final de ano ao labrego ou labrega.

 

Moitas grazas pela vosa atención.

Ficheiro adxunto