A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SLG rexeita firmar o Contrato Homologado da Pataca ao non especificar ningún prezo e supoñendo un documento ao servizo dos almacenistas

O SLG rexeita firmar o Contrato Homologado da Pataca ao non especificar ningún prezo e supoñendo un documento ao servizo dos almacenistas

8 de Septembro do 2008

Contrato da Pataca

Na tarde de hoxe, o Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha asamblea informativa en Xinzo de Limia para trasladar os motivos polos cales rexeitamos firmar o Contrato Homologado da Pataca.

             Ao igual que sucedeu o pasado venres durante a firma do Contrato Homologado da Castaña, persoal da Consellaría do Medio Rural impidiron o acceso ás instalacións onde se estaba a levar a cabo o asinamento de devandito documento.
           Perante desta situación, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego trasladou aos medios congregados diante da Delegación da Consellaría do Medio Rural en Ourense as razóns do noso posicionamento.
             O documento asinado hoxe consiste en poñernos diante aos labregos e labregas un contrato, neste caso para a pataca, SEN PREZO, o cal significa, unha vez máis, plantexar medidas que están ao servizo dos almacenistas e industrias ao supoñer este documento unha carta branca na que estes impoñen o prezo.
             A Secretaria Xeral do SLG manifestou, así mesmo, non entender a posición das outras dúas organizacións agrarias –XXAA e UUAA-ao prestarse a defender intereses que van na contra das nosas explotacións.
             Carme Freire manifestou tamén aos medios a “covardía” do conselleiro de medio rural, Alfredo Suárez Canal, ao trasladar na última hora o emprazamento onde se ía realizar a sinatura, prevista en Xinzo segundo o comunicado na derradeira Mesa da Pataca, e que foi trasladado no medio día de hoxe á Delegación de Ourense para evitar dar explicacións das nefastas condicións que este contrato significa para os/as produtores/as, concentrados/as a esa hora en Xinzo.
            Unha vez máis, afóndase na articulación de medidas para outros intereses económicos na contra dos labregos e labregas deste País: Contrato Homologado para a pataca SEN PREZO e vendernos aos almacenistas, para que sexan eles quenes unilateralmente deciden e impoñen as condicións económicas, co visto e prace da Consellaría.

 

Moitas grazas pela súa atención.

Ficheiro adxunto