A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SLG oponse radicalmente ao réxime de abandono de viñedo. Facemos unha chamada aos viticultores/as para que ninguén o solicite

O SLG oponse radicalmente ao réxime de abandono de viñedo. Facemos unha chamada aos viticultores/as para que ninguén o solicite

8 de Septembro do 2008

Viticultor

A Consellaría do Medio Rural vén de publicar no DOG as “primas para o réxime de abandono de viñas”, presentada como a medida estrela da OCM vitícola, malia a carrexar a perda de capacidade produtiva das nosas ribeiras e lesionar seriamente os nosos intereses como sector produtivo estratéxico de moitas comarcas.

Non ten sentido o abandono na Galiza cando nunca se articularon medidas de regulación de mercado, do tipo de poda en verde ou destilación de crise. Amais, a capacidade de elaboración que temos é superior á nosa capacidade produtiva.

No sector do viño sentímonos enganados pola Consellaría do Medio Rural xa que, lonxe de opoñerse ás medidas de abandono, publícanse as axudas sen dar ningún tipo de explicación ao Sector de como foron as negociacións co Goberno do Estado neste sentido.

Por outra banda, dende o Sindicato Labrego Galego queremos chamar a atención sobor da proliferación de “axudas ao abandono de” presentes na actual reforma da OCM.

Devandita tendencia é froito das políticas neoliberais aplicadas polos gobernos da UE, favorecendo que sexan as multinacionais as que controlen a produción e o mercado de alimentos, paso común dos gobernos e as empresas cara o desmantelamento do proceso de produción tal e como o vimos coñecendo até o momento, forzando a traslación do control dos alimentos cara as multinacionais da alimentación, unha ameaza presente arestora en tódolos sectores produtivos.

As produtoras e produtores de tódolos sectores estamos en alerta máxima perante o intento de converter aos eurepeos/as en cosumidores/ as de alimentos producidos en terceiros países polas multinacionais.

O dominio empresarial do dereito á vida, acadado xa na súa totalidade noutras partes do planeta, cínguese nestes momentos sobre países occidentais como Galiza en forma de lexislación.

 

Moitas grazas pela vosa atención.

Ficheiro adxunto