A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SLG solicita á Consellaría do Medio Rural medidas urxentes de apoio aos viticultores/as da Galiza perante da OCM

O SLG solicita á Consellaría do Medio Rural medidas urxentes de apoio aos viticultores/as da Galiza perante da OCM

29 de Xaneiro do 2009

Vinho da casa

Convocatoria da Mesa do Viño de Galicia para analizar a situación do sector.

Posta a disposición dos viticultores e viticultoras os “Dereitos de Plantación da Reserva da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Sacar un novo prazo para a Regularización dos viñedos “irregulares”

Actualización do Catastro Vitícola en todas as comarcas de viño.

Publicación urxente do Decreto que regula as Axudas a Reestruturación de Viñedo, tendo en conta as reivindicacións do sector produtor.

 Todas estas medidas son urxentes e necesarias para o sector vitivinícola galego e de non articulalas estaremos perdendo a oportunidade de poñer nas mans dos viticultores/as ferramentas para defenderse perante da liberalización total das plantacións prevista na OCM para o ano 2015.

SR. CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL,

A Dirección Nacional do Viño do Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL), en xuntanza celebrada en Ribadavia o día 24/01/09, acordou enviar unha comunicación ao Conselleiro de Medio Rural para solicitar que de inmediato se articulen as seguintes medidas:

1-Convocatoria da Mesa do Viño de Galiza para debater sobre a situación do sector.

2-Que poñan a disposición dos viticultores e viticultoras os “Dereitos de Plantación da Reserva da Comunidade Autónoma de Galicia”.

3-Que se abra un novo prazo para a regularización dos viñedos “iregulares” (anteriores ao 31 de agosto de 1998)

4-Actualización do Catastro Vitícola en todas as comarcas de viño5-Axilizar ao máximo a pubicación do Decreto de Axudas a Reestruturación de Viñedo,e que neste Decreto:

  1. Se estableza un período de solicitude de dous meses,

  2. Se admitan os muros de contención,

  3. Se admitan, para o arranque, parcelas inferiores a 100 metros cadrados, e a dimensión da parcela unha vez reestruturada sexa entre 500 e 1000 m., (o borrador pon 100 m.)

  4. Que non se admita mais de 10 Ha. por produtor e ano,(o borrador fala de 25 Ha/ano)

  5. Que se inclúa unha partida para os peches das viñas con aramados contra a fauna salvaxe.

  6. En relación ao compromiso de indivisión das Comunidades de Bens por 10 anos que este non sexa sobre a propia CB senón que sexa sobre o mantemento da viña, ao mesmo que un viticultor individual.

  7. Que se manteñan os plans colectivos con 10 viticultores e 10 ha (no borrador pasa a 5 viticultores e 2,5 ha) isto vai xerar un caos, xa que con maior número de viticultores e dereitos favorecese unha maior e mellor concentración e xestión dos dereitos de plantación xerados dentro dos plans, e unha maior axilidade nas tramitacións.

  8. Que establezan medidas de control para evitar a plantación en montes comunais e en terreos forestais,

  9. No caso dos elevadores, o borrador di que a distancia ten que ser mais de 150 m. dende outro elevador para poder solicitalo, nos casos onde xa estean postos e sexan privados que se establezan medidas para poder usalos en común, ou que as medidas so afecten aos que se poñan de novo amparados polas axudas de reestruturación.

  10. Todas estas medidas son urxentes e necesarias para o sector vitivinícola galego e de non facelo estaremos perdendo a oportunidade de poñer nas mans dos viticultores/as ferramentas de defensa ante a liberalización total das plantacións prevista na OCM para o ano 2015.

  11. No ano 2008 a Consellería de Medio Rural non reuniu a Mesa do Viño de Galiza, a pesar de haberse comprometido o Conselleiro co SLG de convocala, e de haber sido o ano de aplicación da OCM vitícola.

  12. Nesta situación a Consellería de Medio Rural, como institución competente debería dar a cara explicar que medidas pensa aplicar para facer que os viticultores e viticultoras podamos manternos na actividade agraria e impedir ser substituídos por unha viticultura industrial ligada as multinacionais.

  13. O Monte Comunal galego está sendo visto por grandes empresas como a oportunidade para penetrar e facerse con boa parte da produción. De non articularse dende a Consellería medidas que impidan isto, e de non facer discriminación positiva nas axudas para a pequena e mediana viticultura labrega, estarase asinando o seu parte de defunción. Tanto as terras forestais como os comunais xeralmente están en zonas de maior altitude, onde teñen que por rega, entrando en competencia coas captacións dos pobos, amais dos riscos de contaminación dos acuíferos de montaña por pesticidas.

  14. En Ribadavia a 28 de xaneiro de 2009.

  15. Asdo.: Manuel Docampo Paradelo, Responsábel do Sector do Viño do SLG