A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. A horta está en crise

A horta está en crise

15 de Xuño do 2008

Membros do SLG no Concello de Betanzos

O SLG agarda que a Consellaría actúe con rapidez

As marxes comerciais impostas aos nosos produtos superan nalgúns casos o 300%

Os productores e productoras de horta, están atravesando nestes momentos unha grave crise, como consecuencias do forte aumento dos custos de producción e o estancamento, cando non baixada, dos prezos que cobramos polos productos. Este descenso da renda das explotacións está provocando que moitas persoas, estean atravesando situacións dificeis e, que en moitos casos se vexan obrigadas ao abandono da actividade. O sector da distribución e dos intermediarios cada vez acaparan máis cota de mercado e teñen todo o poder de marcar prezos e condicións de venta.

As marxes de comercialización (a diferencia entre o que pagan aos labregos e as labregas e a como venden aos consumidores e consumidoras) son un auténtico escándalo.

O prezo final sube, pero aos productores e productoras cada vez págaselle menos polo seu producto.

Segundo datos aportados pola COAG a nivel de Estado, confírmase que un labrego ou labrega por unha leituga, só recibe o 30% do prezo final e que a diferencia entre o que percibe e a como se vende no mercado é dun 330%.

No caso das acelgas, percibe o 19% do prezo final e a diferencia é do 371%.

Por se esto fose pouco, axúdanse da entrada de produto de fora de Galiza, que se vende coma do país, para conquerir prezos máis baixos.

As labregas e os labregos non temos, en ningún caso, a posibilidade repercutir nos prezos de venda os incrementos dos custes, polo que moi a miúdo danse situacións onde se nos obriga a vender por debaixo dos custes de producción.

O SLG xa lle presentou esta situación ao Director Xeral de Producción, Industria e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural.

Entre as medidas propostas solicitabamos a convocatoria dunha Mesa de prezos na que estiveramos presentes os Sindicatos e o sector dos compradores.

Entendemos que ademáis de convocar a Mesa, a Consellaría debe de tomar outras medidas urxentemente para que poda seguir sendo viable adicarse á horta en Galiza e, para que nos comercios do país a cidadanía atope produto galego.

TÁBOA REIVINDICATIVA DO SECTOR DA HORTA

En canto ás medidas urxentes que deben ser postas en marcha pola Consellaría do Medio Rural, facemos as seguintes propostas:

  • Incrementar de xeito notable a persecución do fraude que supón vender produto foráneo coma producto do país. - Activar políticas de apoio e fomento da venda de alimentos locais, entre eles os productos de horta.
  • Promover a negociación mediante a convocatoria inmediata da Mesa da Horta.
  • Actuar de intermediaria entre o sector productor e a distribución na consecución de posibles acordos de prezo. O obxetivo será que os prezos en orixe cubran os custes de producción e remuneren o traballo das labregas e dos labregos.
  • Cambio radical do Contrato de Explotación Sustentábel, que contemple a realidade do sector hortícola, e que estas as axudas servan para o fin que ten que ter que é compensar aos labregos e as labregas pola súa multifuncionalidade medio rural.

O SLG solicitou á Consellaría do Medio Rural a realización dunha Mesa de prezos para o sector.