A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Falta de información e transparencia por parte de Medio Ambiente en relacion á declaración de zona Z.E.P.A. na comarca d´A Limia

Falta de información e transparencia por parte de Medio Ambiente en relacion á declaración de zona Z.E.P.A. na comarca d´A Limia

11 de Septembro do 2009

ZEPA da Limia

Denunciamos o feito de térmonos que enteirar polos medios de comunicación dos plans que ten o novo Goberno para solucionar un problema que está a causar unha gran desconfianza e un gran malestar entre os labregos e labregas da comarca.

O SINDICATO LABREGO GALEGO, ante as noticias aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación en relación coa declaración de Zona de Especial Protección de Aves na Comarca da Limia, manifesta o seguinte:

En primeiro lugar criticar a falta de información e transparencia por parte da Consellería de Medio Ambiente. Dende que se iniciara este proceso de declaración de zona Z.E.P.A. constituírase unha comisión de negociación presidida polo anterior Conselleiro de Medio Ambiente, na que se daba conta en todo momento do proxecto e escoitábase ás partes que integraban esta comisión.

Iso desapareceu, xa que agora témonos que enteirar polos medios de comunicación dos plans que ten o novo Goberno para solucionar un problema que está a causar unha gran desconfianza e un gran malestar entre os labregos e labregas da comarca.

En segundo termo, criticar tamén a utilización política que se está a facer desta cuestión : onde antes era “boa para a comarca” agora é “a ruina total para os agricultores/as”, e onde antes había unha oposición frontal á declaración agora xa din que “Medio Rural ten o obxectivo de non perxudicar a actividade agraria”.

O Sindicato Labrego Galego opúxose á declaración de Zepa nos termos que pretendía facerse, agora ben, non temos ningún tipo de problema coa ZEPA, sempre e cando se teña en conta @s labreg@ que viven do seu traballo e da terra e sexamos capaces entre todos/as de compatibilizar os intereses de tódalas partes.

Sexamos coherentes e intentemos buscar unha saída negociada polo ben de todos e todas.

O SLG, ante situación de descoñecemento do proxecto presentado ante Bruxelas, e pola intranquilidade e desconfianza que xeran as noticias publicadas na prensa, reuniu no día de onte, mércores 10 de Setembro, o seu Consello Comarcal e decidiuse FACER UNHA CONVOCATORIA DE TODOLOS MEMBROS DA PLATAFORMA PARA INTENTAR ENTRE TODOS SOLICITAR UNHA REUNIÓN DA MESA DE NEGOCIACIÓN CREADA NO SEU DÍA PARA QUE SE NOS EXPLIQUE POLO MIUDO EN QUE CONSISTE O PROXECTO PRESENTADO POR PARTE DA CONSELLERÍA.

Nos próximos días, e logo de confirmalo cos demais membros da plataforma, comunicaremos o día e o lugar de celebración.