A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. A Plataforma ZEPA NON solicita entrevista cos grupos parlamentares e demanda información á CMR.

A Plataforma ZEPA NON solicita entrevista cos grupos parlamentares e demanda información á CMR.

18 de Novembro do 2009

zepa non

Na mañá de hoxe tivo lugar unha rolda de prensa comarcal en Ourense na que se deu conta da valoración do SLG ao respeito da aprobación do Decreto de Zona ZEPA para A Limia.

A alimentación ten que ser un dereito, non un negocio. E posto que cómpre valorala como un dereito para toda a cidadanía, é responsabilidade da Administración velar polo contexto no que se leva a cabo o proceso produtor.

Neste senso, a pertinencia do texto recentemente aprobado para a declaración de Zona ZEPA para A Limia, fica en entredito por mor da súa propia ambigüidade, xa que se apoia en inexactitudes como “respectaranse os usos agrarios tradicionais da comarca” (sen aclarar que entende a Consellaría por tradicional ou non), ou anunciando a creación dunhazona periférica de protección”, da cal non se describe característica ningunha.

 A CMR non informa, polo tanto, de en que medida vai afectar ás produtoras e produtores da comarca a declaración de Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA).

 Logo da asemblea da Plataforma ZEPA NON! -da cal o SLG forma parte- celebrada onte pola noite en Xinzo, acordouse solicitar unha entrevista cos voceiros dos tres grupos parlamentarios no Parlamento Galego para instar á Xunta a que cumpra o acordo asinado por unanimidade polos tres grupos, e debatido na Comisión de Agricultura do Parlamento o 23 de outubro, que en materia de zona ZEPA empraza á Xunta de Galiza a : que inicie con carácter previo a calquera decisión un proceso de diálogo e negociación con tódalas partes coa finalidade de acadar unha solución de consenso. *

Asemade, realizarase tamén unha petición á Consellaría do Medio Rural para que veña á comarca d´A Limia a informar e explicar aos veciños e veciñas o novo decreto da ZEPA, é dicir, o que implica, as medidas que se levarán adiante, perímetro da “zona periférica”, etc.

*NdP111109-”Falla de información e e transparencia na declaración de Zona ZEPA para A Limia que a CMR quere aprobar mañá”: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=407