A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O SLG participa no Grupo Consultivo do Sector Vitivinícola da U.E. en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina

O SLG participa no Grupo Consultivo do Sector Vitivinícola da U.E. en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina

11 de Febreiro do 2010

doc viño ue 100210

No día de onte, dez de febreiro, tivo lugar na cidade de Bruxelas a reunión do Grupo Consultivo do Sector Vitivinícola da UE co obxectivo de analizar a situación do sector. Manuel Docampo Paradelo, Responsábel do Sector Vitivinícola no SLG, xunto con Jean-Francois Chapelle da Confédération Paysanne, participaron en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina nesta xuntanza.

Logo da última reunión realizada polo grupo consultivo do viño no 2008, a situación do sector caracterizouse por atravesar un período de grandes cambios en canto ao consumo: baixada nos países mediterráneos -polo alonxamento da cultura do viño asociada á nosa gastronomía-, subida nos países anglosaxóns -non asociado ás comidas, senón como medida para desplazar a outros alcohois máis perxudiciais para a saúde-, en tanto que os países emerxentes non responderon comercialmente como a UE agardaba, malia ás fortes inversións realizadas nese apartado.

 

Dende a Coordenadora Europea Vía Campesina lamentamos a demora nesta segunda convocatoria, xa que un ano é demasiado tempo nun sector tan dinámico e que está a sufrir unha profunda crise económica. Agardamos que o próximo grupo consultivo teña lugar, como moi tarde, no próximo outono, como está previsto.

 

Na reunión mantida onte a eiva máis clara foi a ausencia da presentación dun informe de avaliación das medidas de regulación de mercado realizadas no marco da OCM, que habería de facer a propia Comisión, xa que consideramos que é precisa unha avaliación política deste tema.

 

Na actualidade o único órgano europeo que hoxendía está a realizar unha avaliación da OCM vitícola é o Tribunal de Contas, e estamos convencidos/as de que unha vez rematada concluirá que dita reforma foi un desastre para o sector.

 

A falta de saber cales van ser as orientacións políticas do recentemente nomeado Comisario con respecto ao sector do viño, segundo puido constatar o Responsábel do Sector Vivinícola do SLG, Manuel Docampo, o debate na Europa comunitaria atópase nestes momentos na pretensión da industria e da grande distribución de aplicar cambios no sistema de denominacións de orixe (D.O.) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de cara a conseguir a unificación e procurando que sexan menos estritas.

 

O obxectivo das grandes empresas é diluir as caracterísiticas intrínsecas -xografía, clima, varieda, prácticas culturais, etc.- que lle dan valor aos caldos e limitar este estatus ao feito de ter unha etiqueta, tipo “Viños de España”.

 

Estes cambios ao modo de ver do SLG, e de boa parte do sector produtor en toda Europa, traerán consigo a destrucción da cultura do viño, que tantos centos de anos custou consolidar e con ela os aspectos máis sociais do modelo de vitivinicultura de calidade.

 

Arquivo para descarregar:

Dossier de documentación correspondente á reunión  (produción e prezos)

 

Ficheiro adxunto