A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. O Sindicato Labrego Galego denuncia a estratexia para converter o agro galego en pasto das industrias e do lume

O Sindicato Labrego Galego denuncia a estratexia para converter o agro galego en pasto das industrias e do lume

26 de Xullo do 2011

Carme Freire - 26 de Xullo de 2011

O SLG denunciou, o pasado 26 de xullo, a estratexia que está desenvolvendo o goberno galego actual para darlle cobertura legal á conversión da terra agraria en terra da que tiren rendementos as grandes industrias forestais e as multinacionais da enerxía.

A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, presentou unha exhaustiva relación de fincas agrícolas (das que se achegan datos) nas que o goberno galego non está a actuar, permitindo así o incumprimento da lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, a pesares das reiteradas denuncias que dende o ano 2007 leva presentado por escrito esta organización.

Con estas denuncias e coa non contestación da Xunta de Galiza ás mesmas, polas cales se está a forestar impunemente terra para a produción de alimentos e se está a converter nun perigo de orden público polos incendios que isto pode carrexar nas aldeas de todo o rural galego, o SLG puxo hoxe de manifesto o seu temor a unha estratexia ben deseñada para, coa nova lei de montes, se fose aprobado o proxecto que a Consellería de Medio Rural presentou, darlle cobertura legal a esta situación e converter todo o agro galego nun potencial produtor de fame e lume para a sociedade galega.

Incentivar o abandono da terra con leis e mesmo con posibles axudas para facernos abandonar aos labregos e labregas a nosa actividade por non producir en base á terra e condenar ao pobo galego a ser un podo dependente totalmente na súa alimentación.

A isto está contribuíndo a non resposta das denuncias hoxe evidenciada, o proxecto da lei de montes, e as posibles axudas públicas que para este fin se están trazando dende a Xunta.

 

ENLACE AO VÍDEO

 

Carme Freire Cruces na rolda do 26 de xullo de 2011

 

Saúdos do gabinete de comunicación do Sindicato Labrego Galego