A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Medio Rural valida as terras queimadas para o pagamento único grazas ao SLG

Medio Rural valida as terras queimadas para o pagamento único grazas ao SLG

30 de Agosto do 2007

Incendio

O 22 de agosto de 2006, unha comisión de gandeiros afectados polos lumes na Zona Cero (Ponte Caldelas, Cotobade, A Lama e Fornelos de Montes), acompañados por Mariano Lema, do SLG, reuníronse co delegado pontevedrés de Medio Rural, Gonzalo Constenla, para informalo de que moitas explotacións tocadas polo lume non ían poder declarar as hectáreas arrasadas nas axudas da Política Agraria Común. Ese día, o SLG pedíalle Constenla que se fixesen as xestións necesarias para evitar que estas explotacións visen reducidas as axudas ás que tiñan dereito.

Agora, grazas ás xestións do Sindicato Labrego, Medio Rural solucionou o problema. Os criterios para tramitar as primas da PAC por parte das explotacións afectadas polo lume serán os seguintes:

  • Para evitar a picaresca, as terras que na actualidade figuran no SIXPAC como de uso forestal, en ningún caso serán admitidas como pasto permanente na PAC 2007; ademais, denegarase calquera solicitude de modificación na clasificación para evitar que haxa xente que prenda lume ao monte para convertelo en pradería.
  • As terras que, na actualidade, figuran no SIXPAC como pasto con arborado, pasto arbustivo e pasteiros, poderán ser declarados como pasto na campaña 2007, realizando accións positivas de mantemento, conservación e recuperación para evitar a perda de solo agrario; desta maneira, cumpriríanse os requisitos medioambientais (ecocondicionalidade) esixidos pola Unión Europea.

Diante disto, o Sindicato Labrego fixo un chamamento para que todas as explotacións afectadas polo lume que aínda non solicitaran as primas do pago único teñan en conta o devandito, e para que aquelas que xa tramitaron a solicitude a retiren para revisala.