A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agricultura: 2019

  1. XOGANDO AO MONOPOLY COA VITICULTURA GALEGA

    Feijóo e Horacio Gómez 9 de Agosto do 2019 · 

    Presidentes de clubs de fútbol, magnates inmobiliarios, directores de cine, deseñadores de moda ou multinacionais: o viño galego, en especial os brancos de uva albariña de Rías Baixas, están no punto de mira dos grandes capitais. Decotío, son vistos como un bo nicho de mercado para investir e facer negocio, especialmente para compañías que xa posúen unha forte rede comercial na que vender un produto que cada vez está a acadar máis prestixio. Mais este boom ten sombras: concentración da produción cada vez en menos mans, especulación urbanística, prezos de viñedo propios da burbulla inmobiliaria, acaparamento de terras e subvencións por grandes empresas moitas veces foráneas, abandono da viticultura colleiteira... Analizamos isto e moito máis nesta reportaxe de investigación publicada no Fouce 326.

  1. Concurso froita

    A reconquista da froita autóctona galega comezou no Eume

    29 de Xullo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a desenvolver numerosas actividades relacionadas coa recuperación de froiteiras autóctonas. A última foi unha nova colaboración coa Asociación Herbamoura nas comarcas de Arzúa e Melide en forma de curso sobre enxertos que se celebrou a pasada primavera. Pero este labor de recuperación no que foi pioneira a Asociación Galega da Froita Autóctona (AGFA) do Eume xa ten moitos quilómetros percorridos.

  2. Esther Teijeiro

    Esther Teijeiro, adegueira en Ribeira Sacra: "Cando unha cre en algo e loita por iso, tanto ten o que digan os demais”

    30 de Maio do 2019 · 

    Esther Teijeiro naceu e criouse entre as cepas da súa familia en Nogueira de Miño, e entre elas viviu toda unha vida xa en Pincelos (A Sariña, Chantada). Aos seus 82 anos, atesoura moita experiencia mimando acios e elaborando viños na Ribeira Sacra. De feito, a súa foi a primeira adega en inscribirse na denominación de orixe e seu foi o primeiro viño con certificación ecolóxica da Galiza. Así e todo, advertiunos: “Eu non teño nada que contar”. Pero, a base de tirarlle da lingua, ao final algo contou...

  3. Xornada horta SLG

    Radiografía do sector hortícola galego: Calidade, seguridade alimentaria e apandar prezos baixos

    24 de Maio do 2019 · 

    O 29 de marzo, o Sindicato Labrego Galego organizou unha xornada no Pazo de Tovar (Lourenzá) baixo o título “Retos e oportunidades para a produción de horta na Mariña”, á que asistiron unha trintena de afiliados e afiliadas e na que contamos con representantes de distribuidoras, da Xunta, consultorías técnicas e, como non podía ser doutro xeito, de labregos e labregas.

  4. Instancia couza guatemalteca

    O SLG demanda de Medio Rural xuntanzas informativas en todas as comarcas afectadas pola couza guatemalteca

    1 de Febreiro do 2019 · 

    O vicerresponsábel do Sector de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego Galego, Henrique Outes, rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Medio Rural no que se denuncia o escurantismo da Consellaría á hora de tratar a crise da couza guatemalteca. As familias que cultivan pataca nas zonas afectadas só están accedendo á información sobre a xestión desta praga a través dos medios de comunicación que, en ocasións, publican datos contraditorios que non fan máis que xerar unha maior confusión, realizando un labor informativo necesario pero que debería corresponder, en primeiro termo, á propia Xunta de Galicia.

  5. Cecilia Fernández

    Cecilia Fernández: "Contra os estereotipos no mundo do viño, na miña empresa traballamos tres mulleres"

    1 de Febreiro do 2019 · 

    Cecilia Fernández Rodríguez é valdeorresa de raíz. Se cadra por iso, aínda que se formou como bióloga, acabou entre viñedos. Foi traballando como inspectora do Consello Regulador de Valdeorras cando lle espertou a vocación, hai máis de quince anos. Dende aquela, tivo tempo de licenciarse como enóloga e de traballar para adegas da Rioxa, O Bierzo ou Valdeorras. Iso foi até 2016, cando naceu Icía e decidiu dedicarlle o seu tempo. Ese alto no camiño serviría para mudar de rumbo e abrir unha consultoría enolóxica, profesión que compaxina co traballo nos viñedos familiares xunto ao seu pai e a elaboración de viño para autoconsumo.

  6. Ramon Bilbao

    Cinco grandes adegas acapararon o 43% das axudas á reestruturación do viñedo na Galiza de 2018

    22 de Xaneiro do 2019 · 

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a resolución das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia o pasado 15 de xaneiro. Tras unha primeira análise temos que concluír que, do mesmo xeito que na pasada convocatoria destas subvencións, son as grandes adegas as grandes beneficiadas en detrimento das pequenas e dos viticultores e viticultoras. De novo, A Rioxa levou un bo anaco do pastel.