Video que amosa os terribles danos ocasionados polos agrotóxicos en bebés con malformacións conxénitas, asi coma a problemática d@s traballadores/as no agro.
Producción audiovisual realizada por CIAL (Corporación de Investigación en Agricultura Alternativa - Chile).
Un dos apartados do traballo con fitosanitarios, no que mais erros se producen como consecuencia do xa citado descoñecemento, da deixadez, da subestimación do perigo ou dunha mezcla dos tres factores, e sen dúbida o referente o almacenaxe dos productos fitosanitarios.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) nun informe titulado Consecuencias Sanitarias do Emprego de Praguicidas na agricultura (1992 Xenebra) estimaba que cada ano se producían no mundo aproximadamente 1 millón de intoxicacións agudas por exposición a praguicidas cunha letalidade de entre o 0,4 e o 1,9%, atopándose a exposición laboral detrás do 70% dos casos mortais.
Os fitosanitarios son productos químicos bioloxicamente activos.