A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Fitosanitarios>
  5. 4. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas dermatolóxicas

4. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Doenzas dermatolóxicas

27 de Septembro do 2014

Probas de alerxia

As dermatoses profesionais pódense producir por Axentes químicos, biolóxicos e físicos. As infeccions cutáneas poden orixinarse polo ingreso de axentes patóxenos ao organismo a través dunha lesión (mordedura, rasguño ou picadura) ou a través da superficie da pel sana. As infeccions micóticas poden contraerse directamente a través de animais infectados ou desenvolverse en zonas da pel en estado de maceración. Esta maceración producese como consecuencia de condicions de humidade e calor, contacto co azúcar das

Froitas e a transpiración excesiva provocada polo uso de roupas impermeables, por ejemplo, botas e guantes de goma. As sustancias químicas que entran en contacto coa pel poden ter un efecto local a nivel cutáneo, dermatite de contacto, ou por absorción a través da pel e penetrar no organismo, ate chegar a outros órganos internos provocado no seu defecto a ese nivel.

A dermatite de contacto é a máis común das afeccións profesionais cutáneas na agricultura. A dermatite de contacto alérxica pode ser causada por diversas flores que se cultivan na floricultura ornamental, por compoñentes da goma de botas ou luvas, polos antibióticos de uso veterinario ou polos praguicidas. Producen lesións por contacto directo e, ocasionalmente, por transmisión aérea. A dermatite de contacto imitativa prodúcese xeralmente por desinfectantes e xabóns. O aumento da utilización de solventes e a sobrehidratación do estrato córneo facilita o desenvolvemento de dermatite de contacto. A penetración dérmica varía significativamente en función da zona da pel onde ten lugar o contacto. Débese ao espesor da pel, ao número de poros ou folículos pilosos da zona, co aumento da temperatura da pel, aumenta o fluxo sanguíneo térmico que favorece a penetración dérmica.
Os produtos fitosanitarios son absorbidos pola vía dérmica, respiratoria e oral. A pel é o órgano mais exposto. É frecuente que se produzan dermatites de contacto na maioría dos casos de carácter imitativo, e noutros casos alérxicas; tamén son responsables de sensibilizacións e reaccións urticarianas. Os efectos da intoxicación aguda por praguicidas inclúen síntomas dermatolóxicos como sudación, prurito e erupción cutánea. A acné profesional adoita ser unha consecuencia da manipulación de aceite e graxa de motores ou de compoñentes móbiles impregnados nestas substancias de máquinas agrícolas. Certas substancias fotosensibles, por exemplo aceites e graxas minerais tamén poden producir enfermidades da pel.

Os axentes físicos, como a calor, o frío, as vibracións e os axentes mecánicos, como a fricción e a presión, e sobre todo a exposición á luz solar, poden producir enfermidades da pel. O termo fotodermatosis agrupa todos os efectos adversos da luz solar sobre a pel así como as producidas por fontes artificiais do espectro electromagnético non ionizante. Hai dous grandes grupos: Reaccións fototóxicas e fotosensibles. Son numerosos os axentes esóxenos que poden orixinar fotosensibilización química, dando lugar a unha reacción fototóxica, fotoalérgica ou ambas as dúas simultáneamente, por exemplo fitofotodermatitis por plantas. Hai que valorar situacións de fotosensibilidade individual nos traballadores por utilización de fármacos fotosensibles (antinflamatorios, diuréticos...) para tomar as medidas correctoras axeitadas.