A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Fitosanitarios>
  5. Riscos derivados das condicións climáticas e do medio natural

Riscos derivados das condicións climáticas e do medio natural

5 de Outubro do 2015

Raio en granxa

As características do medio no que os labregos/as realizan a súa actividade fan que existan algúns riscos asociados a elas, podendo clasificarse este tipo de riscos en función de dous criterios: riscos derivados das condicións climáticas e riscos derivados do contacto con animais do medio no que se realiza a actividade.

LÓSTREGOS, XEADAS E INSOLACIÓN.

    A actividade física do home xera un calor que o propio organismo acumula. A magnitude dese calor pode ser moi importante no caso de que a persoa en cuestión realice unha actividade física intensa e, no referinte á capacidade de agredir á integridade do organismo. Este calor de orixe interno non se diferencia en nada do que provén do entorno. Cando se pretende analizar o risco para a saúde derivado dunha situación  agresiva, a agresión debe ter en conta tanto as características térmicas do ambiente como a intensidade do traballo realizado.

    Medidas preventivas fronte á calor
  • Beber con frecuencia auga ou calquera outra bebida non alcohólica e tomar abondo sal nas comidas
  • Manter a pel sempre limpa para facilitar a transpiración.
  • Cubrirse a cabeza cun sombreiro ou pucha cando se traballe ao sol.
  • Realizar breves descansos cada dúas horas, tomando algún alimento e bebendo auga.
  • En caso de insolación ou de esgotamento por calor, débese chamar ao médico. Mentres chega este, hai que levar ao afectado a un lugar sombrío e fresco, darlle de beber auga con algo de sal, afrouxarlle a roupa e pórlle compresas frías na cabeza.

RISCOS DERIVADOS DO FRÍO

A exposición ao frío intenso, aínda que se trate de períodos breves, pode producir conxelación. A conxelación localizase preferentemente na periferia do corpo, sendo as zonas máis afectadas as meixelas, o nariz e as orellas, xa que o rostro non acostuma cubrirse. Os dedos das mans e os pés tamén poden sufrir conxelación.

Outra forma de lesión local por frío é o pé de trincheira, proceso orixinado pola exposición crónica ao frío, o cal se ve agravado polo emprego de calzado axustado.

A máis grave consecuencia da exposición ao frío é a hipotermia, que consiste nunha perda de calor corporal. A diminución da temperatura cerebral produce confusión, seguida de incoordinación, incapacidade para manter o ritmo de traballo e letarxia. En casos extremos, pero raros, pode sobrevir a morte. O risco que comporta a exposición ao frío depende de dúas variábeis: a temperatura do ar e a velocidade do vento. Canto máis baixa sexa a temperatura e máis alta a velocidade, maior será o risco.

Medidas preventivas fronte ao frío
  • A mellor medida é utilizar roupa de abrigo e luvas adecuadas. Os pés e a cabeza son as partes do corpo máis expostas ao frío.
  • Débese procurar manter os pés sempre secos e protexidos con calzado de abrigo e impermeábel á auga.
  • Protexer a cabeza cun pucho de la ou outra prenda similar.
  • Si se presentan síntomas de conxelación deberase proceder da seguinte forma: levar á persoa accidentada a un lugar morno e abrigala, avisar ao médico, darlle bebidas quentes con azucre pero sen alcohol, evitar quentar a zona xeada e vendar as ampolas en caso de que aparezan.

LÓSTREGOS

  • Nunca situarse embaixo ou preto dun tendido eléctrico, xa que existe un grave risco de electrocución.
  • Non circular co tractor e evitar situarse en lugares elevados.
  • Non abeirarse baixo unha árbore illada, nin en covas húmidas, nin xunto a cursos de auga, nin preto dun aramio.
  • O mellor é resgardarse en masas mestas de árbores (bosque), dentro dun automóbil pechado ou en edificios con pararraios.
  • Nunha cabana, é conveniente pechar ben as portas e xanelas para evitar as correntes de ar, xa que o ar ionizado pode producir descargas eléctricas.

MORDEDURAS, PICADURAS, ARAÑAZOS E OUTROS ENCONTROS POUCO AGRADÁBEIS

Estes episodios aínda seguen sendo causa de accidentes no sector agrario, aínda que podería afirmarse que son riscos que están en vías de desaparición, en boa medida polos cambios que se produciron na realización das labores agrícolas (mecanización) e polas melloras que se produciron na vestimenta utilizada polos agricultores/as e gandeiros/as.

1. Mordeduras de cans, gatos, etc

É posíbel que o animal que mordeu teña a rabia, sobre todo si se trata dun can ou gato vagabundo. En caso de mordedura procederase da forma indicada no apartado de zoonose. En calquera caso, teráse que lavar a ferida con auga e xabón e aplicar entón un antiséptico adecuado.

2. Picaduras
  • Carracha: As enfermidades asociadas ás carrachas prodúcense especialmente en zonas poboadas de cervos, raposos e outros mamíferos salvaxes. Tamén se poden atopar nos cans. É conveniente sacar as carrachas inmediatamente e manter a pel todo o cuberta que sexa posíbel.
  • Araña: As picaduras de araña non son en principio moi dolorosas, pero entón producen unha forte sensación de proído. Se non son tratadas producen, ao cabo dun tempo, uns vultos vermellos que acaban por se transformar en pústulas. Recoméndase practicar un corte sobre a picadura e deixar que a ferida sangre para que se produza unha limpeza de forma natural. Despois, desinfectarase a ferida con auga osixenada. En casos extremos pódense presentar colapsos e perda de coñecemento, polo que non está de máis acudir ao médico cando se produciu unha picadura de araña.
  • Vespa e abella: Trátase dun tipo de picadura moi dolorosa. Unha soa picadura carece de importancia. Moitas picaduras de abella producidas á vez, poden causar a morte. Nos casos de picaduras múltiples producidas por un enxame, debe mergullarse á persoa afectada nun baño de auga fría con bicarbonato durante 15 minutos, para despois envolvelo nunha manta e levalo urxentemente ao hospital

¡¡¡LEMBRA!!!

As picaduras e mordeduras son especialmente perigosas en persoas que padecen ou teñen padecido afeccións alérxicas e enfermos do corazón.