A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Prevención de Riscos Laborais>
  4. Maquinaria e Seguridade Vial>
  5. Riscos laborais ao utilizar instalacións de muxido

Riscos laborais ao utilizar instalacións de muxido

24 de Septembro do 2013

Muxido

No sector de vacún de leite, unha vez movido o gando ás cortes de muxir, hai que darlles ás vacas un momento para que se adapten ao novo ambiente antes de comezar o muxido. Nese intre dará inicio un proceso do que a explotación tirará o seu beneficio económico e de cuxa correcta execución depende o día a día e a continuidade da actividade gandeira.

ACCESOS

  • É conveniente para un rápido manexo dos animais que as entradas e saídas dos animais á sala sexan diáfanas, sen portas e en calquera caso evitando os corredores estreitos nos que poda ficar atrapada algunha persoa.
  • É interesante que aquelas portas da leiteira que cadren con pasos dos animais sexan substituídas por pasos de home, con anchura comprendida entre 460 e 500 mm.; desta forma evitarase unha entrada accidental de animais na leitería.
  • Dentro dunha instalación manipuladora ou vía de muxir, hai que deixarse sempre un modo de saír se chega a ser necesario. Pode resultar perigoso entrar nunha área pequena pechada con animais grandes a menos que estea equipada con unha porta que poda atinxirse.

CHAN

  • O mais conveniente é que todo o chan da sala de espera e da sala de muxido sexa de formigón con un acabado non moi fino, que teña certa rugosidade para evitar as caídas. Os chans con estrías, estean estas incluídas no propio formigón ou en pezas con deseños especiais, aínda que sexan eficaces a hora de evitar as caídas, son menos fáciles de limpar e por iso é menos recomendábel o seu uso.
  • Nas salas de espera, para facilitar o movemento dos animais, non deberá haber ningún chanzo. As salas de muxo en paralelo deben ter un chanzo duns 0,45m para o acceso do gando ás prazas. A saída do gando neste tipo de prazas será por un corredor  traseiro de 1,25 m de ancho situado ao mesmo nivel que o da praza e unha rampla para baixar outra vez a nivel do patio de espera. Esta rampla terá como mínimo 3,5 m de lonxitude e deberá estar dotada de estrías para facilitar a baixada dos animais.
  • Nas salas de muxo en espiña de pescado (e tamén en outros modelos similares tales como túnel, tándem, etc.), non deberá haber ningún chanzo, nin diferencias apreciábeis de nivel, nas prazas de muxo e nas entradas ou saídas de gando. Neste tipo de sala, na parte das prazas que dan ao foso, haberá un resalte duns 75 mm. de altura.

FERRAXES

  • Todos os ferros da sala de muxo e patio de espera haberán de ser como mínimo de 40 mm. de diámetro. O deseño será adecuado, segundo o tamaño das vacas que se vaian muxir, para evitar as caídas accidentais ao foso e deberán estar dotadas dunha fixación sólida ao chan e paredes
  • As portas de aperte que funcionan por medio de contrapeso ou outro sistema similar, que se poñen en movemento cando se solta o tarabelo de suxección, deberán estar dotadas dun sistema de seguranza no citado tarabelo, para evitar que accidentalmente algún neno ou persoa allea ao muxo poda soltar a porta.

OUTROS SISTEMAS DE SEGURIDADE

  • Nas salas de muxido en paralelo  recomendase dispor de algún sistema de seguridade para suxeitar ás vacas na praza (por exemplo, unha cadea) e así poder evitar a caída de estas, que se pode producir no caso de animais nerviosos.
  • Por outra parte, é conveniente dispor na sala de un ou varios dispositivos anticouces para os utilizar naquelas vacas que xa se coñece que poden provocar este tipo de accidentes.

CHAN DO FOXO

  • O chan do foxo onde se está movendo constantemente o operario non debe ter ningunha diferencia de nivel. Isto é aplicábel a todo tipo de salas incluíndo ás paralelas, nas que é frecuente situar chanzos entre as prazas para que o muxidor teña unha posición  mais cómoda e que son causa de múltiples caídas, ademais de facer a rutina de muxo mais lenta.

CHANZOS

  • Nas salas de muxido en espiña de pescado e similares, para salvar a diferencia de nivel entre o chan das prazas e do foso (normalmente uns 68,5 mm.), é necesario polo menos un chanzo.
  • É conveniente colocar só un ou dous chanzos de obra de fábrica, coa mesma rugosidade da soleira da sala, de polo menos 350 mm. de anchura e que abarquen toda a anchura do foso. Desta forma poderase baixar e subir, minimizando o risco de caídas.
  • As escadas metálicas con dous ou mais chanzos son especialmente perigosos, sobre todo se están simplemente apoiadas, sen que fiquen fixadas á parede do foso.

ALTURAS MÍNIMAS

  • En todas as zonas nas que se move a persoa que moxe (foso, paso cara a leitería, paso cara a sala de espera, etc.), calquera canalización, condución ou forraxe, deberán estar colocadas como mínimo a 1,95 m. e sempre polo menos 100 mm. por encima do muxidor mais alto da sala, incluíndo as baixadas e subidas ao foso.

TANQUES REFRIXERANTES DE LEITE

  • As tapas dos tanques de limpeza manual deben de construírse de forma tal que o tanque poda abrirse suficientemente para permitir unha fácil limpeza a man de todas as súas partes. As tapas con bisagra deben ter un dispositivo adecuado que as manteña abertas durante a limpeza.

PEZAS EN MOVIMENTO

  • Instalación de muxido mecánico: roldanas do motor eléctrico e bomba de baleiro.
  • Tanque refrixerantes de leite: paletas do ventilador
  • En ambos casos atopámonos con partes móbiles situadas de tal forma que non será fácil o contacto directo con elas, pero para evitar accidentes fortuítos, sobre todo naquelas persoas alleas a operación do muxo ou de nenos que casualmente podan entrar na leitería, se recomenda a súa protección:

Indirectamente

  • Situando o grupo motobomba da instalación de muxido e o tanque refrixerador de leite en sitios que non sexan accesíbeis.
  • O grupo motobomba debese situar nun pequeno cuarto de máquinas, separado da leitería ao menos por un tabique. O tanque o colocaremos na leitería fora das zonas de paso, preto da porta de acceso e co condensador fronte a unha parede que teña unha abertura para facilitar a ventilación. Hai que ter a precaución de deixar 0,60 m entre o tabique e calquera parede para realizar as labores de limpeza e reparacións.

Directamente

  • As roldanas e demais partes móbiles do grupo motobomba deben estar protexidas por unha carcasa, tipo cárter, que impida calquera contacto accidental con elas. A carcasa será  desmontábel, para poder realizar as operacións de comprobación e mantemento.
  • O ventilador do condensador debe estar protexido por un enreixado con unha anchura de abertura comprendida ente 4 e 8 mm., que impida a introdución fortuíta, mesmo da punta do dedo. As paletas do ventilador deberán estar situadas a mais de 15 mm. do enreixado para conseguir unha protección eficaz. Ao igual que no caso anterior este enreixado será  desmontábel para labores de conservación e mantemento.
Ficheiro adxunto