A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Maquinaria e Seguridade Vial: 2013

  1. Segadora

    Riscos xerais e comúns da maquinaria agrícola

    26 de Septembro do 2013 · 

    Na actividade agraria utilízanse unha multitude de máquinas da mais diversa tipoloxía. Sen embargo, os maiores riscos son comúns a todas as marcas e modelos, existindo ademais factores de risco similares. Por iso, todo traballador/a agrícola debe aprender a identificar os puntos perigosos e saber actuar correctamente para evitar os accidentes, que con frecuencia ocorren como consecuencia dun mal uso da maquinaria.

  2. Muxido

    Riscos laborais ao utilizar instalacións de muxido

    24 de Septembro do 2013 · 

    No sector de vacún de leite, unha vez movido o gando ás cortes de muxir, hai que darlles ás vacas un momento para que se adapten ao novo ambiente antes de comezar o muxido. Nese intre dará inicio un proceso do que a explotación tirará o seu beneficio económico e de cuxa correcta execución depende o día a día e a continuidade da actividade gandeira.

  3. tractor

    Seguridade vial e accidentalidade no uso de maquinaria agrícola

    24 de Septembro do 2013 · 

    A condución de tractores e maquinaria agrícola ten as súas especificidades que deberemos atender se non queremos ter un accidente. Non en van, as estatísticas reflicten que son accidentes de tractor os que un maior número de vítimas mortais producen cada ano na actividade agrogandeira.

  4. Labrego con muletas

    Que facer en caso de enfermidade ou accidente

    21 de Septembro do 2013 · 

    O proceso burocrático para poder ter unha baixa por enfermidade ou un accidente, estean ou non relacionados co desempeño da actividade laboral, pode ser ás veces tedioso e difícil. De seguido, achegamos unha breve e rápida guía para solventar as dúbidas máis comúns ao respecto.

  5. Brazo vendado

    Enfermidades profesionais na agricultura. Cales son? Que facer? Que prestacións se reciben?

    21 de Septembro do 2013 · 

    As actividades agrarias levan canda si unha serie de riscos que poden conducir a aparición de enfermidades. Algunhas destas enfermidades, xunto cos factores de risco capaces de producilas, se describen a continuación.

  6. Pastoreo

    Riscos laborais derivados do contacto directo con animais

    20 de Septembro do 2013 · 

    En calquera explotación gandeira existen dous tipos de riscos importantes xerados polo gando. En primeiro lugar, o xerado polo contacto físico directo, que se refire á posibilidade de ser mancado polo propio animal, xa sexa por turro, cornada, mordedura, pisada, couce ou calquera outro tipo de lesión directa, intencionada ou non. Ademais, en segundo lugar, estaría a posible transmisión de enfermidades (zoonose).

  7. raio

    Riscos laborais derivados das condicións climáticas do medio natural

    19 de Septembro do 2013 · 

    As características do medio no que os labregos e labregas realizan a súa actividade fan que existan algúns riscos asociados a elas, podendo clasificarse este tipo de riscos en función de dous criterios: Riscos derivados das condicións climáticas e riscos derivados do contacto con animais do medio no que se realiza a actividade.

  8. Asento tractor

    Riscos laborais no agro derivados das vibracións

    18 de Septembro do 2013 · 

    As de baixa frecuencia poden orixinar perda de equilibrio, mareos e vómitos. As comprendidas entre 1 e 80 Hz, que afectan a todo corpo, producen lumbalxias, hernias nos discos intervertebrais, presión de terminacións nerviosas entre vértebras, lesións raquídeas e síntomas neurolóxicos. Por exemplo, en postos de condución. As comprendidas entre 20 e 1500 Hz producen lesións óseas de pulso e cóbado, e alteracións como cambras ou trastornos de sensibilidade na man. Por exemplo, ferramentas manuais, motoserra, etc.

  9. Tractor con remolque

    Prevención de riscos laborais no uso de tractores con remolques e cargadores frontais

    15 de Septembro do 2013 · 

    O remolque é o apeiro máis empregado para o tractor. Existen diferentes tipos en número, disposición das rodas, materiais de construcción, tara e capacidade de carga, así como estado de conservación e dotación de medios de seguridade. A meirande parte dos riscos están presentes nos modelos que carecen de enganche directo e precisan doutra persoa para suxeitar a lanza durante os labores de acoplamento e desacoplamento.

  10. BOE

    Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995

    14 de Septembro do 2013 · 

    Publicada no Boletín Oficial do Estado do 10 de novembro de 1995 para dar expresión ao artigo 40.5 da Constitución que encomenda aos poderes públicos velar pola seguridade e hixiene no traballo como un dos principios rectores da política económica e social.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte