Dinamismo sindical · Por unha Galiza rural viva

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería

Gandería

  1. Mobilización diante de LACTALIS

    LACTALIS a ruína ao sector leiteiro galego 8 de Septembro do 2010 · 

    No día de hoxe o sector leiteiro iniciou a campaña de boicot ás empresas que arruínan o noso agro.

  2. Valoración da xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul

    Asistentes á xornada da lingua azul 7 de Septembro do 2010 · 

    Ao longo do día de hoxe unha trintena de gandeiros e gandeiras están a participar na xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul (LA), organizada polo Sindicato Labrego Galego na comarca de Compostela.

  3. Xornada informativa sobre os impactos da vacina da Lingua Azul

    aplicación da vacina da lingua azul 6 de Septembro do 2010 · 

    Continuando coa campaña de denuncia e información iniciada polo SLG dende o ano pasado,  ao logo do día de mañá, martes 7 de setembro, terá lugar en Teo (Compostela) unha xornada aberta, informativa e de debate, para abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.

  4. Boicot ás industrias leiteiras a partir do vindeiro mércores 8 de setembro

    Carme Freire 310810 31 de Agosto do 2010 · 

        As organizacións agrarias (SLG-UUAA-XXAA) e cooperativas (AGACA) apelamos ao apoio da sociedade galega para facer fronte, canda o sector leiteiro, a industrias coma Lactalis, Leite Celta e Lácteos Lence, que coas súas destrutivas prácticas comerciais están a afundir aos gandeiros e gandeiras da Galiza mediante a imposición de baixísimos prezos para o leite galego. Ao mesmo tempo, instamos á Administración a situarse ao noso carón apoiándonos nas nosas accións reivindicativas e demandas. O vindeiro mércores 8 de setembro iniciaremos as accións de boicot destas industrias e das súas marcas

  5. Rolda de Prensa [SLG-UUAA-XXAA-AGACA]: valoración da situación no sector leiteiro e presentación do almanaque de mobilizacións.

    leite 30 de Agosto do 2010 · 

    Mañá, martes 31, tera lugar unha reunión do Grupo de traballo do sector lácteo, logo do cal darase conta en rolda de prensa da valoración da actual situación, así coma do almanaque das vindeiras mobilizacións do sector.

  6. AS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS PECHAN O CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

    por un prezo xusto para o leite 27 de Agosto do 2010 · 

    A irresponsabilidade de industrias e administracións impiden outra saída ao sector.O Sindicato Labrego Galego (SLG),Unións Agrarias (UUAA),Xóvenes Agricultores (XXAA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) pecharán o vindeiro 31 de agosto o calendario de reunións sectoriais que leva desenvolvendo ao longo dos meses de xullo e agosto para tentar atopar unha saída á desesperada situación dos produtores e produtoras de leite na Galiza.

  1. vacinacion lingua azul

    Xornadas de INFORMACION e DEBATE sobre a VACINACION da LINGUA AZUL

    9 de Agosto do 2010 · 

    Xa fai tempo que dende o Sindicato Labrego Galego estamos alertando dos efectos secundarios no gando logo da inoculación da vacina da lingua azul. O vindeiro martes 7 de setembro terá lugar unha xornada informativa e debate pra abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.

  2. crotal

    Novo ataque aos servizos públicos ás explotacións: o servizo de identificación de animais da CMR non está operativo

    30 de Xullo do 2010 · 

    Nos últimos dias o servizo de identificación de animais da Consellería do Medio Rural (CMR) non funciona; hai gandeiros e gandeiras que levan un mes cos becerros vendidos sen poder sacalos da casa por falta de estar identificados.

  3. UPA-ASAJA-SLG-AGACA

    Se isto non se amaña...

    29 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, as tres organizacións agrarias (SLG, XXAA e UUAA), e a asociación galega de cooperativas (AGACA), anunciamos en rolda de prensa que, de non subir o prezo do leite do mes de xullo, haberá mobilizacións do sector leiteiro no vindeiro mes de agosto.

  4. rolda sector leiteiro

    Rolda de Prensa: Valoración da situación e actualidade do sector lácteo galego

    28 de Xullo do 2010 · 

    Rolda de prensa conxunta do Sinidicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UUAA), Xóvenes Agricultores (XXAA) e Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

  5. Senra medios Bruxelas

    Lídia Senra expón á Comisión de Agricultura as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións do GAN

    13 de Xullo do 2010 · 

    Dende as 9:00 ás 11:00hrs. desta mañá, a Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra Rodríguez, en calidade de Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), expón na Comisión de Agricultura da UE as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións extraídas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do leite, ao tempo que achegará as medidas propostas polo sector produtor europeo agrupado na Coordenadora.

     

  6. Prado e Freire

    O SLG e a CEVC trasladan ao Delegado do Goberno e á Presidenta do Consello Agrícola o rexeitamento do sector produtor ás propostas do GAN

    12 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, o Grupo de Alto Nivel para o leite presentou diante do Consello Agrícola, integrado polos ministros e ministras de agricultura dos 27 países da UE, as súas conclusións para saír da crise do sector leiteiro.

  7. Senra e Freire na rolda de presentación das accións de rexeitamento informe GAN

    Na Galiza e en Bruxelas o sector produtor rexeita as medidas propostas polo Grupo de Alto Nivel da UE para a crise do sector leiteiro

    8 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, e a Secretaria de Organización e Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais na Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), Lídia Senra Rodríguez, deron conta en rolda de prensa das accións simultáneas que terán lugar o vindeiro luns 12 nas cidades d´A Coruña e Bruxelas, con motivo do debate por parte do Consello Agrícola da UE das conclusións extraidas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do sector leiteiro.

  8. poutra PAC, outra Europa

    Rolda de Prensa: Accións de rexeitamento do sector produtor leiteiro europeo ás “recomendacións” do GAN

    7 de Xullo do 2010 · 

    Ás 11:30hrs. de mañá, xoves 8 de xullo, a Secretaria Xeral do SLG -Carme Freire Cruces- e a Secretaria de Organización -Lídia Senra- adiantarán en rolda de prensa as accións europeas que terán lugar o vindeiro luns 12 de xullo con motivo do tratamento no Consello Agrícola da UE das conclusións obtidas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) ao respeito da crise do sector leiteiro europeo -feitas públicas o pasado 15 de xuño-.

  9. ecvc

    Política leiteira da UE: o Grupo de Alto Nivel condena ás gandeiras e gandeiros europeos

    17 de Xuño do 2010 · 

    A orientación proposta polo Grupo de Alton Nivel (GAN) non dá perspectivas aos produtores e produtoras. Sen regulación pública da produción e mercado leiteiro, non é posible unha solución definitiva para esta crise. As decisións tomadas polo GAN son unha sinal que denota a mala dirección para a PAC 2013.

  10. loiragal

    O Grupo de Alto Nivel de leite acordará hoxe as súas conclusións finais

    15 de Xuño do 2010 · 

    Hoxe, 15 de xuño, celébrase a última reunión do Grupo de Alto Nivel de Leite, creado o outubro pasado diante da crise que atravesaba o sector. Na reunión de hoxe acordarase un documento que conterá recomendacións para a Comisión en relación a posibles medidas a aplicar.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. Seguinte

Arquivo