A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. “O sector leiteiro no horizonte do 2015” Seminario Internacional do Sector Lácteo. Ribadeo: 4 e 5 de novembro

“O sector leiteiro no horizonte do 2015” Seminario Internacional do Sector Lácteo. Ribadeo: 4 e 5 de novembro

31 de Outubro do 2008

Seminario do leite

Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-e Lupe Prado -Responsábel do Sector Lácteo no SLG- veñen de presentar o Seminario Internacional do Sector Lácteo: “O sector leiteiro no horizonte do 2015”.

Devandito seminario terá lugar os vindeiros días catro e cinco de novembro en Ribadeo (A Mariña oriental – Lugo).

Contando coa participación de sindicatos estatais e europeos, nestas xornadas poremos en común as problemáticas das que o sector adoece en toda a U.E., valorando o tipo de respostas comúns que se haberán de artellar partindo da situación específica na que se atope cada país.

Primeiramente abordarase a situación na que se atopan as produtoras e produtores de leite en Francia, Bélxica, Alemaña, Portugal, Estado español e Galiza.

Analizaremos tamén os contratos e interprofesionais, así coma a política leiteira europea no horizonte do 2015.

Na xornada do mércores cinco elaboraranse grupos de traballo para debater as exposicións realizadas, extraéndose finalmente as conclusións que aportarán un maior coñecemento do momento actual do sector, de cara a elaborar unha estratexia común europea pola súa supervivencia.

Moitas grazas pela vosa  atención.

Ficheiro adxunto