A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Acordos tomados tras a análise do sector leiteiro levado a cabo polo SLG canda organizacións agrarias estatais e europeas

Acordos tomados tras a análise do sector leiteiro levado a cabo polo SLG canda organizacións agrarias estatais e europeas

5 de Novembro do 2008

Seminario do Leite Ribadeo

Durante os días tres e catro de novembro reunímonos en Ribadeo representantes das organizacións labregas CPE de Francia, FUGEA de Bélxica, CNA de Portugal, ABL de Alemaña, COAG do Estado español, EHNE do País Vasco, OGAM de Cantabria, COAG de Asturias e Sindicato Labrego Galego, co fin de analizar a situación pola que estamos atravesando as produtoras e produtores de leite en Europa.

Constatamos que o nivel de prezos que se está pagando ás explotacións é claramente insuficiente, e mesmo en moitos casos está por embaixo dos custes de produción.

Constatamos tamén que a política agraria que se está aplicando na UE, da que forman parte tamén os prezos baixos, está a provocar o peche continuado de explotacións e a destrución do medio rural, deixando a alimentación en mans das industrias e da distribución.

Ante esta situación, á que tampouco é allea a decisión de ir aumentando cada ano a cota europea até facer desaparecer o sistema de control de produción no 2015, tomamos os seguintes acordos:

1. Esixir a eliminación das trabas políticas coas que pretenden destruír a negociación colectiva dos prezos do leite.

2. Esixir a fixación de prezos mínimos negociados que cubran os custes e o traballo de produción en toda Europa.

3. Rexeitar o incremento da cota europea.

4. Esixir que se manteña o control da produción de leite en Europa.

5. Políticas que potencien as producións en base á terra.

 

Seminario de leite en Ribadeo

 

Acordamos igualmente seguir traballando na procura de alianzas con todas as organizacións que defendan estas posicións, reforzando a loita para que a produción de leite continúe nas mans dos produtores e produtoras en toda Europa.


Moitas grazas pela vosa atención.

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego


OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
Lídia Senra, membro do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Vía Campesina, Tlf: 609 845 861 ou
Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, Tlf: 619 348 426

Ficheiro adxunto