A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O SLG mantivo un encontro con afectados polos impagos de La Arzuana para asesoralos no concurso de acredores

O SLG mantivo un encontro con afectados polos impagos de La Arzuana para asesoralos no concurso de acredores

30 de Marzo do 2015

La Arzuana

As persoas ou entidades con débedas pendentes por parte da cooperativa La Arzuana tiveron de prazo até o 26 de marzo para reclamar os cobros. Isto é así porque o edito do concurso de acredores publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), o pasado 26 de febreiro, daba de prazo un mes para facelo. Previamente, solicitarase o concurso de acredores, o 28 de outubro; e o xulgado mercantil nº 2 da Coruña nomeara ao economista, José Manuel Mosquera Santé, como administrador concursal.

A raíz do remate deste prazo, o coordinador do Sindicato Labrego Galego na comarca de Arzúa, Xulio Fernández, celebrou, o 25 de marzo, unha asemblea informativa en Arzúa con persoas afectadas para ultimar as súas reclamacións, algunhas das cales aínda se entregaron no transcurso da xornada de hoxe.

En total, ese día ascendían a unhas 60 persoas -principalmente gandeiros e gandeiras socias da cooperativa a quen se lles deben entregas de leite- e entidades -bancos, Seguridade Social, Axencia Tributaria, etc.- as que reclamaban débedas pendentes a La Arzuana que ascendían a máis de 280.000 euros. Estas cifras aínda poderían verse incrementadas por reclamacións de última hora durante a xornada do 26.