A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O SLG apoia a manifestacón gandeira de Teixeiro e solidarízase coas granxas damnificadas por Leite Río

O SLG apoia a manifestacón gandeira de Teixeiro e solidarízase coas granxas damnificadas por Leite Río

29 de Xuño do 2015

Concentración en Teixeiro

O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu total apoio aos gandeiros e gandeiras que se manifestaron, o domingo 28 de xuño, en Teixeiro (Curtis) en solidariedade coas granxas ás que Río deixou de recollerlles o leite esta semana.

Para o Sindicato Labrego Galego que Pascual deixase de recoller leite na Galiza, que esta semana comezase a facer algo semellante Río, ou que xa teña anunciado o mesmo a empresa Leitigal, son síntomas da que, probablemente, sexa a peor crise pola que está comezando a atravesar o sector lácteo galego e que, desta vez, lonxe de ser un problema conxuntural, ameaza con ser o afundimento definitivo do noso principal motor económico no medio rural en virtude de políticas deseñadas fóra da Galiza. Esta semana tocoulle a 22 granxas que fornecían a Río, pero no futuro pode acontecerlle a calquera. Por iso apoiamos a concentración do domingo en Curtis e reiteramos a nosa intención de comezar a organizar mobilizacións no sectoresta mesma semana para rematar cunha crise que se está cebando nas nosas granxas por unha absoluta indefensión e orfandade do sector produtor que se poderían resolver de maneira efectiva coa adopción de medidas políticas.

Concentración en Teixeiro