A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Nace a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e queda convocada unha manifestación para o 17 de xullo

Nace a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e queda convocada unha manifestación para o 17 de xullo

7 de Xullo do 2015

Isabel Vilalba

Na tarde do 6 de xullo constituíase en Compostela a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Ao acto asistiron unhas duascentas persoas, entre as que se atopaban alcaldes e alcaldesas das principais comarcas leiteiras do país e de tódalas cores políticas, os secretarios xerais dos principais sindicatos obreiros, as cooperativas leiteiras e representantes de axentes implicados co sector como almacéns de penso, talleres de maquinaria agrícola, etc.

Dende as organizacións agrarias, explicamos a situación crítica pola que está a atravesar o sector lácteo e achegamos unha serie de demandas nun documento baixo o título “Propostas para a supervivencia do sector lácteo galego” que resume as principais demandas que esta plataforma defenderá a partir de agora diante da Consellaría de Medio Rural, do Ministerio de Agricultura e na rúa, xa que outro dos acordos da asemblea foi convocar unha grande manifestación de todo o sector o 17 de xullo en Compostela.

O Sindicato Labrego Galego estivo representado pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, que hoxe, 7 de xullo, estará en Madrid na xuntanza coa ministra de Agricultura para insistir no insostible da actual crise do sector lácteo e na necesidade de tomar medidas urxentes para facerlle fronte.

Plataforma sector lácteo