A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Miles de gandeiros e gandeiras toman Compostela para esixir da Xunta solucións inmediatas á crise do sector lácteo

Miles de gandeiros e gandeiras toman Compostela para esixir da Xunta solucións inmediatas á crise do sector lácteo

18 de Xullo do 2015

Quintana

Compostela viviu este 17 de xullo unha manifestación histórica na que o meirande dos produtores e produtoras de leite da Galiza se botaron á rúa para esixir solucións inmediatas a unha crise que ameaza con levarse por diante o principal sector gandeiro galego, que dá emprego directa e indirectamente a unhas 100.000 persoas no país.

Se na Galiza hai ao redor de 10.000 granxas de leite, non houbo menos persoas nesta manifestación que, partindo de Salgueiriños, pasou por diante do edificio administrativo de San Caetano para rexistrar, por escrito, a denuncia da situación límite que están a vivir as nosas explotacións. Despois, a marcha andou rúas como a avenida de Lugo, San Pedro ou Preguntoiro até chegar á praza da Quintana, onde o xornalista Xabier Fortes leu un manifesto no que denunciou a situación de indefensión das nosas granxas fronte ás prácticas mafiosas da industria.
Nunha conxuntura na que a propia Consellaría de Medio Rural recoñece que hai ao redor de 3.000 granxas que cobran menos de 26 céntimos por litro, o Goberno da Xunta ten o deber de achar solucións urxentes ou, se non saben que facer, forzar a dimisión dos e das responsables para deixar paso a persoas competentes que tomen as rendas da política agraria galega.

Cabeceira

Quintana

VIDEO: 17 de xullo: Manifestación en defensa do sector lácteo galego from Sindicato Labrego Galego on Vimeo.