A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O sector lácteo de Ordes sae a rúa para esixir solucións

O sector lácteo de Ordes sae a rúa para esixir solucións

21 de Agosto do 2015

Prezos xustos

Marcando unha liña de continuidade das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego ao longo deste mes de Agosto , hoxe a cita e en Ordes, outra das capitais de comarca cuio sector lácteo sustenta gran parte da economía comarcal.

Despois das sucesivas decepcións que estan provocando as Reunións cos responsabeis Políticos, cuio exemplo mais palpable foi a xuntanza do pasado Martes no que a Ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina se limitou a anunciar “medidas decorativas” basadas na “boa vontade das partes implicadas” a paciencia dos homes e mulleres que se dedican neste País a producción de Leite empeza e chegar ao seu límite, máxime ante semellante falla de implicación das institucións que teñen a responsabilidade de por solucións encima da mesa.

Chama nese senso poderosamete a atención como se intenta esconder detrás de supostas dificultades legais (….que noutros Países comunitarios se superan…) unha escasa valentía e vontade política para propoñer solucións factibeis, sobre todo si estas poideran molestar aos poderosos intereses da Industria e da Distribución.

Pero o sector lácteo segue na loita, consciente de que só dende loita son posibeis as solucións e a propia supervivencia, e hoxe mesmo encheranse as rúas de Ordes de tractores coa mesma forza mobilizadora que en dias anteriores se puido ver noutras capitais de comarcas leiteiras.