A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

8 de Decembro do 2015

Tractores en Carrefour

Este xoves, 10 de decembro, as mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo soben un chanzo máis coa saída de tractores á rúa. En concreto, ese día unha tractorada tomará de maneira indefinida o entorno do Carrefour da avenida Alfonso Molina, na Coruña.

Desta maneira, e tras unha semana facendo piquetes informativos na entrada de grandes centros comerciais nas cidades galegas, aumentamos a presión sobre as grandes distribuidoras de cara a que trasladen parte da marxe comercial que ingresan polo leite ás granxas e para que abandonen definitivamente a utilización do leite como produto reclamo.

O que foron actos informativos puntuais até o de agora, comezarán a ser permanentes dende o 10 de decembro e até que as distribuidoras, unha a unha, asuman o compromiso dun reparto equitativo e xusto do valor do leite en todos os elos da cadea de valor. Cómpre lembrar que boa parte das cadeas de distribución renunciaron a asinar, a finais de novembro, o Código de Boas Prácticas na Cadea Alimentaria impulsado polo Ministerio de Agricultura. En concreto, non asinaron asociacións como Anged e Aces, que agrupan importantes cadeas como Alcampo, Carrefour, Eroski ou Lidl.