A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Puntos de saída e percorridos da tractorada cara as cidades que terá lugar o vindeiro mércores 17

Puntos de saída e percorridos da tractorada cara as cidades que terá lugar o vindeiro mércores 17

13 de Xuño do 2009

Tractorada 17 de xuño de 2009

Ao respeito das cuestións organizativas e de cobertura informativa da tractorada que terá lugar o vindeiro 17 de xuño para reclamar prezo xusto para o leite que cubra custos de produción e traballo, así como a modificación das políticas agrarias que coas que os gobernos seguen a permitir a inundación de leite nos nosos mercados, nun claro exercicio de especulación abandeirado polas multinacionais da distribución e industrias lácteas, á conta dun alimento básico como é o leite, o Sindicato Labrego Galego quere facer públicos os percorridos e puntos de saída.

 Galiza tomada por tractores

 

tractorada de Lugo:

dende COSPEITO (10:30), VILALBA (11:00), XERMADE (10:30), GUITIRIZ (10:45)  e MEIRA (10:30) ata a Explanada Multiusos (Ronda da Muralla) LUGO

mapiña:  http://maps.google.es/maps/ms 

tractorada de Ribadeo:

as 11:00 e dende as estradas de acceso a Ribadeo e a Explanada da Coop. Irmandiños ata Ribadeo (Explanada onde se atopan os macrosupermercados Lidl e Eroski)

mapiña: http://maps.google.es/maps/ms 

tractorada de Vimianzo:

as 11:30 dende MUXÍA-QUINTÁNS polas Entradas Norte e Sur ( C-552) de Vimianzo e a 
Estrada da Ponte do Porto/ Camariñas ata a Explanada do concello de Vimianzo

mapiña http://maps.google.es/maps/ms 

tractorada de Chantada:

as 11:30 e dende TABOADA, A BARRELA, O SAVIÑAO e CURRELOS e polas estradas de acceso a Chantada até a Estación de autobuses (Praza Santa Ana) - Chantada

mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

tractorada A Coruña:

as 10:15 e dende Montesalgueiro, Aranga e pola Estrada N-VI até a Delegación do Goberna da Coruña

mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

tractorada Ferrol:

as 11:00 e dende Moeche e A Capela, pasando por San Sadurniño, A Mourela, Xubia, Estrada de Castilla, Praza do Concello deFerrol, Cruce de S. Xoan até o Polígono da Gándara (FERROL)

mapiña: http://maps.google.es/maps/ms 

tractorada Santiago de Compostela:

dende Ordes (11:00), A Estrada(11:15), Lalín (10:15), Arzúa (11:00), Rois (10:30), Santa Comba (10:30) ate a Explanada de Salgueiriños (Santiago de Compostela)

mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

(*) O  novo punto de encontro para a zona de Boqueixón e Vedra será Lestedo - Diante da Cooperativa Pico Sacro ás 11:30.

 

Numerosas son as mostras de apoio que nos achega cada día a sociedade civil da Galiza, moito máis consciente da problemática e da necesidade de solucionala que os propios gobernos.

Nestes meses vimos recibindo multitude de consultas sobor de “que leite mercar” ou “que leite é galego”, así coma valoracións da importancia que o rural ten para a Galiza, non só por ser un piar fudamental da nosa cultura como pobo, senón pola directa vinculación que o noso traballo ten coa saúde e calidade de vida da cidadanía, á cal gostamos de aportar os alimentos de máxima calidade producidos na nosa terra polas labregas e labregos galeg@s.

O vindeiro mércores desexamos que as molestias para a cidadanía sexan as mínimas, xa que o obxectivo do sector é presionar aos gobernos, onde reside arestora a capacidade para levar adiante a modificación da actual política agraria en materia de prezos e control da produción leiteira.

 Asemade, lembrar  que a tractorada terá lugar en movemento, dando lugar a 7 caravanas de tractores que circularán cara as vilas e cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e apoio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficheiro adxunto