A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. SEMANA EN BRANCO POLA SUPERVIVENCIA. Tractorada en Lugo e Compostela: 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo

SEMANA EN BRANCO POLA SUPERVIVENCIA. Tractorada en Lugo e Compostela: 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo

26 de Xuño do 2009

Carme Freire. Rolda de prensa en Santiago de Compostela (260609) TRACTORADA

Na mañá de hoxe as tres organizacións agrarias (SLG, UUAA, XXAA)  e maila asociación de cooperativas (AGACA) anunciaron en rolda de prensa un calendario de mobilizacións conxuntas para o vindeiro mes de xullo en reivindicación dun prezo xusto para o leite e garantía de recollida nas explotacións. Queremos vivir do noso traballo.

Botarémonos de novo cos tractores á rúa porque os prezos do leite seguen baixando e  levan meses por embaixo dos custos de produción. A situación é insoportábel para as nosas explotacións.

 


Carme Freire tractorada2

 

Esiximos:

1.- Prezos mínimos que cubran custos e traballo de produción
2.- Que a Ministra do Medio Rural promova no Consello de Ministros/as de Agricultura da Unión Europea un cambio profundo na política leiteira para:

    a.- Eliminar o acordo tomado de aumento anual do un por cento da cota até  o  ano 2015  
    b.- Reducir a cota global europea para equilibrar a oferta á demanda.
    c.- Redistribución do dereito a producir entre as explotacións da Unión Europea
    d.- Manter políticas de control da produción
    e.- Establecer un prezo mínimo para o leite que cubra custos e remunere o  noso traballo.


3.- Que o Conselleiro do Medio Rural  poña en marcha as axudas necesarias para que ningunha explotación teña que pechar.

O leite é das nosas vacas, poñámoslle o prezo.

Entre todas e todos podemos conseguilo.