A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. MOBILIZACIÓNS EN ESTRASBURGO. CRISE DO SECTOR LÁCTEO

MOBILIZACIÓNS EN ESTRASBURGO. CRISE DO SECTOR LÁCTEO

13 de Xullo do 2009

Mobilizacións Estrasburgo

Mañá, martes día 14, coincidindo coa constitución do Parlamento europeo, terán lugar mobilizacións en Estrasburgo para transmitir os problemas e demandas en relación coa crise do sector lácteo

Unha delegación do Sindicato Labrego Galego, encabezada pola Secretaria de Organización, Lidia Senra Rodríguez, viaxa neste momento cara cidade francesa para participar, xunto con agrupacións de gandeiros e gandeiras de toda Europa, nas mobilizacións programadas.

Está previsto que as organizacións convocantes se reúnan mañá cos/as europarlamentarios/as dos distintos países, para dar a coñecer as propostas para mitigar os efectos da crise nas explotacións lácteas. Entre as principais reivindicacións, destacan especialmente:

  • Reducir a produción láctea europea como primeiro paso para eliminar o acordo da UE que fixa o incremento dun 1 % anual da cota láctea asinada a cada EE.MM.

  • Introducir un control público da produción que adapte a oferta e a demanda.

  • Garantir unha renda suficiente a tódolos produtores e produtoras de leite, gracias ó control da produción e ao establecemento dun prezo mínimo de compra por parte das industrias lácteas, que alomenos cubra os custes de produción e traballo.

  • Suprimir as axudas á exportación.

  • Promover un modelo de produción extensivo, en base á terra e menos dependente dos insumos externos.

  • Desenvolver unha nova política láctea dentro da PAC, onde prime a soberanía alimentaria como base da mesma.