A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Gandeiras e Gandeiros galegos manifestanse en ESTRASBURGO pola crise do sector Lácteo

Gandeiras e Gandeiros galegos manifestanse en ESTRASBURGO pola crise do sector Lácteo

14 de Xullo do 2009

Mobilización Estrasburgo

A defensa do sector lácteo chega a Estrasburgo nunha mobilización de máis de 1.500 persoas e 200 tractores, que rematou fronte ao Parlamento Europeo

O SLG (Sindicato Labrego Galego) participou na xornada do 14 de xullo dunha manifestación convocada pola Coordenadora Europea Via Campesina e da que participaron máis de 1.500 persoas e uns 200 tractores, que percorreu as rúas de Estrasburgo e que rematou fronte ao Parlamento Europeo.

Despois desta mobilización, na concentración final, as organizacións convocantes recibiron as mostras de solidariedade e apoio de eurodeputados e eurodeputadas do grupo ALE-Os Verdes, IU e PSOE que afirmaron que apoiarían e terían en conta as propostas presentadas para a redución da cota global europea e control da produción, para fixar uns prezos mínimos do leite.

Tamén tivo lugar outro encontro cos eurodeputados e eurodeputadas que forman parte da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, e na que propuxeron ás organizacións convocantes desta marcha, e en concreto á Coordenadora Europea Via Campesina, da que forma parte o SLG, a asistir á primeira reunión da nova Comisión de Agricultura, para “facerlle chegar as nosas propostas sobre o sector lácteo, que serán debatidas posteriormente nesta Comisión”.

Lidia Senra participou destas xuntanza cos eurodeputados e eurodeputadas como responsábel do sector lácteo da Coordenadora Europea Via Campesina

máis fotos na galería...

 0 Mobilización Estrasburgo