A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A Administración está a reaccionar eludindo a súa responsabilidade ao tempo que tenta provocar a radicalización das mobilizacións do sector.

A Administración está a reaccionar eludindo a súa responsabilidade ao tempo que tenta provocar a radicalización das mobilizacións do sector.

15 de Xullo do 2009

150709

Na mañá de hoxe un amplo dispositivo policial impediu a saída en tractores cara sete puntos da distribución prevista en Santiago de Compostela. Esta acción fora notificada á Subdelegación do Goberno sen que pola súa parte houbera manifestación algunha en contra.

Perante desta situación, decidimos en asamblea desplazármonos camiñando cara os centros da Distribución, para deste xeito denunciar e visibilizar unha vez máis as prácticas comerciais que están a arruinar ao sector.

SLG, UUAA, XXAA e AGACA valoramos que o interese por impedir a visibilización da crise pola que atravesa o sector, empregando a presencia de corpos policiais, responde a unha cada vez máis clara apreciación por parte do Goberno español de que a loita das gandeiras e gandeiros da Galiza non vai parar até acadarmos un prezo xusto para o noso leite.

Dende as organizacións agrarias convocantes consideramos que respostas coma a do día de hoxe teñen como obxectivo provocar que nos radicalicemos e fagamos accións en contra da cidadanía, para deste xeito deslexitimar as nosas mobilizacións.

Mais o sector leiteiro galego non vai sucumbir a esta provocación, xa que somos perfectamente conscientes de que o fin último é desmobilizarnos e poñer na nosa contra á cidadanía, xa que, ademais de asistirnos a razón, a nosa reivindicación de podermos vivir do noso traballo mediante a obtención dun prezo xusto para o noso leite, está a ser apoiada polo conxunto da sociedade do noso país.

Por último, queremos deixar constancia da nosa fonda condea ás cargas policiais que tiveron lugar no mercado de Amio, nas que resultou ferido un gandeiro.

 170709

 170709

170709

 

170709170709

170709