A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Non hai acordo sen prezo xusto para o noso leite

Non hai acordo sen prezo xusto para o noso leite

15 de Xullo do 2009

o noso traballo ten un prezo

Valoración do anuncio dun suposto preacordo esbozado no día de hoxe en Madrid no que se establecería un prezo para o leite que tomaría como referencia “o prezo francés”,

1. Que se mantén a convocatoria de manifestación en defensa do sector leiteiro que terá lugar mañá, partindo ás 11.30 dende o mercado de Amio (Santiago de Compostela) até a Xunta de Galiza (San Caetano).

2.Que un acordo de prezo válido haberá de cubrir os custes de produción e remunerar o noso traballo. Calquera acordo de prezo ten que ser consultado ás gandeiras e gandeiros, sendo somentes a súa aprobación a que, para o Sindicato Labrego Galego, terá validez.

3.Que o establecemento dun prezo mínimo haberá de estar enmarcado nunha modificación normativa das actuais políticas agrarias europeas, tal e como se acordou por resolución unánime de todos os grupos parlamentarios no Parlamento do Estado o pasado 29 de abril, instando ao Goberno do Estado a defender dita resolución.

4. A política leiteira europea tamén ten que ser modificada en aras do mantemento do control e redución da produción, redistribuíndo a cota nas explotacións europeas baixo criterios sociais.