A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. En Madrid non se está a falar de prezo mínimo, senón de prezo MEDIO.

En Madrid non se está a falar de prezo mínimo, senón de prezo MEDIO.

20 de Xullo do 2009

non por embaixo de custos de produción

Contra ás 20,00hrs. de hoxe tivo lugar unha asemblea informativa na explanada de Amio, onde arestora seguen concentrados 2.500 tractores (e ficarán alomenos até mañá), para dar conta das conclusións da reunión que nestes momentos inda se está a celebrar en Madrid e na que, por parte do SLG, participa Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral.

Lupe Prado, gandeira de leite da comarca da Terra Chá, trasladou aos gandeiros e gandeiras que, tras horas debatindo en Madrid o preacordo proposto, é un feito que non se está a ofertar ningún prezo mínimo, nin por enriba nin por embaixo de custes.

 O que o documento a debater propón é un prezo medio. É dicir, que haberá quen cobrará máis e quen cobrará menos, como acontece agora. E non existe ningunha garantía de que vaian a pagarnos polo leite máis do que nos custa producilo, como acontece agora tamén.

Ao sector leiteiro da Galiza, que loita polo dereito a vivir do seu traballo, este acordo non lle supón ningún tipo de solución, senón que significaría asinar e, polo tanto, “consentir”, seguir endebedándose até o peche.

Faremos público o antes posíbel calquera outro dato fixo que obteñamos desta reunión, que inda está tendo lugar.

O Sindicato Labrego Galego segue a esgrimir nesta reunión a posición manifestada polo sector o pasado venres 17 en asamblea: non asinaremos por embaixo de custos de produción.

 

audio logo

        Lupe Prado, estase a falar de prezo medio

        Lupe Prado, nin sequera estamos chegando a custes de produción

        Non é unha desconvocatoria

 200709

 200709200709

máis fotos na galería ....