A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. “Semana de accións europeas polo prezo do leite”: DO 1 ao 7 O PREZO DO LEITE DECÍDESE EN EUROPA

“Semana de accións europeas polo prezo do leite”: DO 1 ao 7 O PREZO DO LEITE DECÍDESE EN EUROPA

31 de Agosto do 2009

Semana de accións europeas polo prezo do leite

Como anunciabamos na pasada semana, co gallo das reunións que manterá a Comisión de Agricultura e nas que se abordarán medidas que agardamos poñan fin á crise do sector leiteiro, a Coordenadora Europea Vía Campesina, da que o SLG forma parte, fixo un chamamento á mobilización conxunta en Europa do 1 ao 7 de setembro, accións que o Sindicato Labrego Galego secundará dende Galiza, ao igual que as gandeiras e gandeiros franceses, entre outr@s, que xa comezaron hoxe coas mobilizacións en Francia.

O SLG levará a cabo unha semana de accións reivindicativas que fará cumio co desprazamento a Santander o vindeiro luns 7 de setembro (coincidindo coa celebración, en convocatoria extraordinaria, do Consello Europeo de Agricultura), onde a ministra de agricultura Elena Espinosa ten anunciada a inauguración dun curso de verano da Universidade Menéndez Pelayo.

Do 1 ao 5 de setembro terá lugar unha concentración reivindicativa permanente que se realizará mediante relevos en distintas quendas, manténdonos día e noite.

A tales efectos ubicarase unha carpa na Alameda de Santiago de Compostela, onde terán lugar actividades informativas e reivindicativas**, co obxectivo de abordar en conxunto, produtoras/es e consumidoras/es, as claves da crise do sector leiteiro, aliás de chamar atención sobor dos resultados das reunións europeas, dos que procuraremos ir dando conta a través dos medios de comunicación.

Mañá, martes 1 de setembro, encetaremos aSemana de accións europeas polo prezo do leite” cunha

*CONCENTRACIÓN ÁS 11:30 NA PRAZA DO TOURAL.

Produtoras/es e consumidores/as queremos visibilizar a nosa unión diante das actuais regras de mercado que está a esnaquizar o sector que vertebra o rural da Galiza: o sector leiteiro.

*ENCONTRO COS GRUPOS PARLAMENTARES. 16,30 na ALAMEDA DE SANTIAGO.

Na pasada semana convidamos ao BNG, PSOE, EU e PP, grupos políticos que teñen presenza no Parlamento Europeo, para que expresen a súa postura e cal vai ser a posición das e dos eurodeputados do seu grupo na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (COMAGRI) o día 1, sobre as propostas presentadas pola Coordenadora Europea Vía Campesina o 21 de xullo na comparecencia ante a COMAGRI para saír da crise do leite en Europa e, máis concretamente sobre as que fan referencia ao prezo mínimo, á redución da cota global, a redistribución do dereito a producir, mantemento do control público da produción e o mantemento da regulación dos mercados.

Ao longo de todo o día 1, como durante toda a semana de reivindicacións, terá lugar o reparto de folletos informativos ao respeito da crise do sector leiteiro, ao tempo que a carpa instalada na Alameda será un espazo de encontro entre produtoras/es e consumidoras/es.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA SEMANA DE ACCIÓNS EUROPEAS POLO PREZO DO LEITE

MARTES 1

11:30hrs.CONCENTRACIÓN na Praza do Toural
16:30hrs.ENCONTRO COS GRUPOS PARLAMENTARES. Carpa na Alameda de Santiago de Compostela.
Reparto de materiais informativos (polas rúas de Compostela) e espazo de encontro (carpa Alameda)

MÉRCORES 2
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela)
20:30hrs. Palestra de Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG: O leite é noso. Poñámoslle o prezo. Proxección de vídeos das recentes mobilizacións do  sector leiteiro

XOVES 3
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
20:30hrs. Encontro con organizacións sociais e asociacións da Galiza. (Carpa Alameda)Ç

VENRES 4

Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
20:30hrs. Palestra de Lída Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina. PreSentación e debate sobre a situación internacional do leite e o modelo da OMC.

SÁBADO 5
Ao longo do día: reparto de material informativo sobor da crise do sector leiteiro e a necesidade dun prezo mínimo para o leite.(Polas rúas de Compostela).
13:00hrs. Palestra de Xosé Ramón Cendán, Responsábel de Relacións Internacionais do SLG. Posición do SLG e proposta para unha nova política leiteira en Europa.

DOMINGO 6

Saída para Cantabria

LUNS 7
Manifestación en Santander

 

**Nota: aqueles medios ou persoas a título individual que desexedes acompañarnos a Santander podedes contactar co gabinete de prensa do SLG no 649 541 773 ou prensa@sindicatolabrego.com