A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Encontro cos grupos políticos galegos con representación no Parlamento Europeo

Encontro cos grupos políticos galegos con representación no Parlamento Europeo

1 de Septembro do 2009

Guillerme Vázquez e Carme Freire

Na tarde de hoxe o Sindicato Labrego Galego, dentro das accións reivindicativas enmarcadas na “Semana europea polo prezo do leite”, convocada dende a Coordenadora Europea Vía Campesina, desenvolveu un encontro ao que estaban convidados tódolos grupos políticos galegos con representación no Parlamento Europeo.

Con esta iniciativa, como se indicou no convite enviado a devanditas organizacións políticas, desexabamos que expresaran a súa postura ao respeito da crise do leite e cal foi a posición das e dos eurodeputados de cada un dos grupos na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (COMAGRI) que tivo lugar na mañá de hoxe.

Tamén desexabamos coñecer o seu posicionamento perante das propostas presentadas pola Coordenadora Europea Vía Campesina o 21 de xullo na comparecencia ante a COMAGRI, concretamente as referidas á cuestión do prezo, á redución da cota global europea até equiparar oferta e demanda, a redistribución do dereito a producir entre as labregas e os labregos, e o mantemento do control público da produción e da regulación dos mercados.

Asemade, este encontro supuña tamén a posibilidade de termos un debate no que os e as representantes dos grupos políticos, canda gandeiras e gandeiros, compartiran un mesmo espazo, dando lugar a un diálogo directo no que uns/has e outros/as expuxeran a súa visión da crise do sector leiteiro.

Dende o SLG consideramos que o achegamento entre produtores e produtoras e as persoas que elaboran as leis que regulan esta actividade favorecería unha regulación do mercado máis realista dende o punto de vista humano, en detrimento do actual punto de vista puramente económico, orientado a favorecer os intereses das grandes empresas multinacionais da alimentación.

Acudíu a esta convocatoria Guillerme Vázquez, voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG). O Parido Popular (PP), o Partido Socialista de Galicia (PsdG-PSOE) e Izquierda Unida (IU) non se presentaron nin se puxeron en contacto co Sindicato Labrego Galego para pronunciarse ao respeito.

010909 Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG, deu comezo ao encontro

010909 Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG e Carme Freire, Secretaria Xeral do SLG

010909