A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A situación global do mercado leiteiro

A situación global do mercado leiteiro

2 de Septembro do 2009

la vía campesina internacional

Comunicado da Vía Campesina internacional (Yakarta/Bruxelas, 1setembro09). O prezo do leite para o produtor/a directo caíu drasticamente en todo o mundo (1), ameazando a millóns de produtores/as con deixalos fora do mercado. En consecuencia, os produtores de leite alzáronse nunha protesta global.

                                capitalismo leiteiro

Desde o comezo do ano, miles de membros das organizacións da Vía Campesiña sumáronse a estas protestas en Bruxelas e Estrasburgo, en Madrid, Berlín, Galiza, Francia, Bélxica, Alemaña, Portugal, Suíza, Indonesia, República Dominicana e ao longo de Estados Unidos.
Aínda que só unha pequena parte do leite producido no mundo comercialízase a nivel internacional, a "liberalización" deste mercado levou a todos e todas os/as produtores/as de leite a depender dos prezos nos mercados mundiais. A OMC enfronta entre si a todos os produtores/as de leite do planeta nunha carreira ao prezo máis baixo xa que as grandes compañías de comida procesada como Nestlé, Fonterra, Kraft... benefícianse do acceso a leite barato.

O prezo do leite está principalmente influído polo baixo custo de produción nos grandes países exportadores como Nova Zelandia e Australia, e polo dumping da sobreproducción de EEUU e Europa no mercado mundial.

Aínda así, no canto de reducir a produción leiteira, a UE e EEUU reactivaron recentemente as axudas para a exportación, forzando uns prezos para o leite internacional aínda mais baixos.

En calquera lugar do mundo, hoxe en día, os prezos do leite son moi baixos como para que as produtoras e os produtores se poidan gañar a vida decentemente. Esta situación tampouco beneficia ás consumidoras e consumidores, xa que o prezo do leite nos supermercados mantívose alto dende que subiron durante a crise alimentaria en 2007/08. Deste xeito, tanto a industrial do leite como as grandes superficies de distribución, están amasando unha fortuna a expensas dos produtores e dos consumidores.

A Unión Europea decidiu liberar aínda máis o mercado lácteo marcando unha data límite en 2015 para o seu sistema de xestión de produción (cotas), e incrementando estas cotas nun 1% anual até o 2015. Esta política leva aos produtores de leite, homes e mulleres, a unha situación de crise sen precedentes que podería concluír nun desastre social e ambiental.

Nos Estados Unidos, os promotores do libre comercio e as compañías de produtos lácteos procesados continúan esixindo unha maior desregularización do mercado do leite e acentúan a necesidade de "ser globalmente competitivos e estar orientados á exportación".

O prezo do leite esta maiormente determinado polo prezo do queixo na Bolsa de Valores de Chicago (CME, Chicago Mercantile Exchange), o cal é susceptible á manipulación por parte dunhas poucas entidades corporativas.

En decembro de 2008, Dairy Farmers of America (DFA), a maior corporativa de produtos lácteos do país, foi multada con 12 millóns de dólares por manipulación dos prezos na CME. A DFA foi tamén investigada durante dous anos polo Goberno de EEUU por abusos contra a libre competencia ao monopolizar o mercado e forzar aos produtores de leite a asociarse á súa cooperativa, xa que en moitas partes do país, as produtoras e os produtores non teñen mais opcións que vender o seu leite á DFA.

Grazas ao bucle comercial creada pola OMC, os produtores/as de leite de EEUU foron tamén prexudicados polo dumping de concentrados de proteína de orixe láctea estranxeiros, especialmente procedente de Nova Zelanda. Estes produtos desprazaron aos produtores/as de leite norteamericanos abaratando os prezos dos produtos para o consumidor.
O acordo da OMC de 1994 e as condicións para o crédito por parte do FMI, forzaron aos gobernos a desregular o mercado do leite. Excepto nalgúns países como Canadá, todos os sistemas de xestión de produción desapareceron.

O leite é un produto fresco e nutritivo que outorga valor comercial a millóns de hectáreas de pastos no mundo, promovendo o desenvolvemento e o emprego rural a condición de que a súa produción estea en mans de moitas granxas familiares sustentables. No entanto, como resultado da liberalización do mercado, a produción leiteira industrial reemprazou maiormente todas as pequenas granxas produtoras de leite.

Isto tivo consecuencias devastadoras: a produción industrial é dependente de custosos insumos (pensos e fariñas alimentarías, enerxía...), contamina o medio ambiente (desfeitos orgánicos, metano, transporte do alimento...), e leva ao desastre social (desaparición das produtoras de leite familiares, empregos de baixa calidade nas produtoras industriais...).
En xaneiro de 2009 o Sindicato de Agricultores de Indonesia (SPI polas súas siglas en inglés) esixiu ao goberno que protexese aos produtores de leite locais de chegar á quebra completa. A compañía transnacional Nestle, primeira compradora de leite do país, comezou a reducir o prezo de compra nas granxas aínda que o prezo de venda ao consumidor dos produtos lácteos alcanzaron un prezo excepcionalmente alto. Todas as grandes compañías procesadoras de leite seguíronlle os pasos.

Isto pareceu ser o derradeiro golpe para a industria láctea doméstica, que viña sendo atacada durante os últimos 25 anos de desregularización. En 1983, baixo a regulación do FMI, o Goberno anulou a lei que obrigaba ás empresas que operaban en Indonesia a comprar unha certa porcentaxe do leite usado nos seus produtos á marxe do leite que importasen doutros países terceiros. En 2003, o Goberno de Indonesia, foi mais alá reducindo os aranceis do leite importado dun 5% a un 0%. Como resultado, hoxe en día, o 70% do leite consumido en Indonesia provén de Nova Zelandia e Australia, e en consecuencia, as produtoras e os produtores preguntan se serán capaces de manterse no mercado.

A Vía Campesina insta os gobernos a actuar para solucionar a crise urxentemente:

* Manter e desenvolver unha produción leiteira sustentable baseada nos labregos e labregas en todas as rexións leiteiras, a cal estará baseada nos pastos e forraxes locais;
* (Re)introducir os sistemas de xestión da produción públicas para manter a oferta en equilibrio coa demanda, e conseguir así prezos xustos tanto para os produtores como para os consumidores/as;
* Os prezos de compra ao produtor/a teñen que cubrir os custos da produción, incluíndo o custo do traballo xustamente remunerado;
* Deter a obrigación imposta pola OMC de importar un mínimo
do 5% dos produtos lácteos;

* Prohibir calquera subsidio á exportación e permitir que todos os países e unións conveñan tarifas ou impostos para protexer a súa propia produción de leite.

*Manter altos estándares na identificación dos produtos lácteos para garantir a integridade da definición de "leite" e para previr o dumping con produtos sustitutivos do leite de peor calidade.
(1) En Europa, o prezo do leite caeu un 30% desde o final de 2007, mais baixos aínda que os prezos mínimos de 2006.