A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O prezo e a modificación da política agraria, demandas que unen ao sector leiteiro na UE diante do Consello Agrícola

O prezo e a modificación da política agraria, demandas que unen ao sector leiteiro na UE diante do Consello Agrícola

7 de Septembro do 2009

070909santander

Máis dun cento de gandeiros e gandeiras atópanse na madrugada de hoxe de camiño a Santander para acudir á mobilización convocada, xunto co SLG,  pola Unión de Ganaderos y Agricultores Montañeses (UGAM) e a  Coordinadora de Organizaciones Agrarias y Ganaderas (COAG).

Esta mobilización xuntará en Santander a produtoras e produtores de Galiza, Asturias, Euskadi, Castilla Leon e Cantabria no día en que en Bruxelas ten lugar a reunión do Consello Agrícola que abordará a crise do sector lácteo en Europa, e na que se discutirán medidas de política leiteira fundamentais para o futuro das explotacións.

Ás 8:45hrs., Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, manterá un encontro con Josep Puxeu, Secretario de Estado de Medio Rural e Auga  no que lle transmitirá as medidas propostas polo Sindicato Labrego Galego, dentro da Coordenadora Europea Vía Campesina, para rematar coa crise do sector leiteiro. Estas propostas foron xa enviadas na semana pasada á ministra do medio rural.

Gandeiras e gandeiros de leite de toda a cornisa cantrábrica concentrarémonos ás 9:45h na entrada do Palacio de la Magdalena. Ás 10:00h está previsto o acto de inauguración do curso na Universidade Menéndez Pelayo ao que acudirá Josep Puxeu, Secretario de Estado de Medio Rural y Agua, dado que, tras coñecer as mobilizacións programadas polo sector en Santander, e logo das múltiples críticas á súa prevista ausencia nunha reunión que será clave para o establecemento de medidas que poñan fin á crise leiteira europea, finalmente a Ministra estará na xuntanza extraordinaria do Consello de Ministros/as de Agricultura da U.E. en Bruxelas.

Ás 11:00h haberá un acto de todos/as os/as manifestante no recinto de las caballerizas , ubicado no Palacio de la Magdalena. Será unha xornada que unirá  mobilización  e actos informativos, funcionando ademais como  espazo de debate sobre a crise e o futuro das explotacións leiteiras entre as gandeiras e gandeiros europeos.

As organizacións integrantes da Coordenadora Europea Vía Campesina estaremos mobilizándonos no día de hoxe en toda Europa, ao tempo que levaremos a cabo o seguimento dos debates e propostas presentados no Consello de Ministros/as, claves para o noso futuro.

Ficheiro adxunto