A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A presión do sector leiteiro continúa. Condeamos a actitude irresponsábel amosada pola ministra española no Consello Agrícola

A presión do sector leiteiro continúa. Condeamos a actitude irresponsábel amosada pola ministra española no Consello Agrícola

7 de Septembro do 2009

Mobilización en Santander

Máis de medio milleiro de produtoras e produtores de Galiza, Asturias, Euskadi, Castilla Leon, Castilla la Mancha, Nafarroa e Cantabria atopámonos hoxe en Santander nunha xornada reivindicativa diante dun acto que o MARM celebraba na Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Esta mobilización une a gandeiros e gandeiras da cornisa cantábrica no día en que vén de ter  lugar a celebración do Consello extraordinario de Ministras/os de Agricultura desta mañá en Bruxelas, para esixirmos un cambio de rumbo na política leiteira europea que signifique a salvación da crise que asolaga  ao sector.

Representantes das organizacións presentes, entre as que se atopaba Carme Freire -Secretaria Xeral do SLG- mantiveron a primeira hora do día un encontro co Secretario de Estado de Medio Rural e Auga, Josep Puxeu, para coñecer de primeira man as medidas que a ministra do medio rural, Elena Espinosa, defendeu en Bruxelas.

Puxeu comunicou neste encontro, completamente decepcionante para as organizacións asistentes, que dende o Ministerio non se ía cuestionar baixo ningún concepto a PAC aprobada, é dicir, nin o control da produción, nin a necesidade de reducir a produción para adecuala á demanda, nin a pertinencia do establecemento de mecanismos que garantan un prezo que cubra custos e traballo ás explotacións.

Dende o Sindicato Labrego Galego reclamamos na xornada de hoxe un cambio de rumbo nas políticas leiteiras europeas e unha aposta política clara para que as gandeiras e gandeiros saiamos desta crise e teñamos unha renta digna obtida mediante a cobertura de custos e a remuneración do noso traballo: a produción dun alimento básico como é o leite.

Tra-lo encontro co Secretario de Estado tivo lugar unha asamblea, con presenza de representantes de organizacións do resto de Europa, na que se deu conta das posicións transmitidas por Puxeu e na que, sobor de todo, valorouse levar a cabo  medidas de presión coordenadas en toda Europa, tras esta nova decepción logo da irresponsabilidade e a ineficacia que posicións como a que defendeu a Ministra significan para o sector leiteiro.

 Concentración diante da UIMP

Concentración diante da UIMP(2)Concentración diante da UIMP Encontro das organizacións agrarias co secretario de estado de medio rural e auga-interven secretario COAGEntrega de propostasIntervención da Confederation PaysanneLupe Prado, responsábel do sector leiteiro-concentración no exterior da UIMP

Ficheiro adxunto