A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Crise láctea: Un Consello Agrícola irresponsábel

Crise láctea: Un Consello Agrícola irresponsábel

9 de Septembro do 2009

COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

Coordenadora Europea Vía Campesina.O fracaso do Consello Agrícola do 7 de setembro sobre a crise láctea pon de manifesto que os Gobernos aínda non entenderon todo o que está en xogo nesta crise e que xa explicamos na nosa carta aberta á UE do 1 de setembro.

É irresponsábel deixar que a situación se deteriore e que cada vez se suiciden máis produtores/as, poñendo como pretexto que a mala decisión do “chequeo da PAC” do 2008 e da reforma de 2003 non ten marcha atrás.
A Comisión Europea non deixou de proclamar dende fai 20 anos que é necesario adaptarse ao mercado e que non se pode seguir producindo máis pola intervención cando non hai mercado.

 

Entón, por que facer hoxe o contrario e empeñarse en manter unha produción moi por encima da demanda? Por que pedir aos contribuíntes pagar centos de millóns de euros para almacenar e exportar estes produtos cando bastaría con non producilos? Os/as que afirman que exportar os excedentes europeos é unha solución son os/as que provocan a fame no mundo distorsionando os mercados doutros países.
É necesario deixar de producir excedentes. A Comisión Europea sabe exactamente a porcentaxe de redución necesaria actualmente para reequilibrar o mercado. Esta
redución debe ser proporcional ao volume de produción individual, posto que os pequenos produtores/as, protagonistas principais do desenvolvemento rural, non son responsábeis da superprodución.
A mobilización dos produtores/as calou nalgúns gobernos, que, con todo, non presentaron propostas suficientes para saír da crise. Ante a irresponsabilidade do Consello e a teima da Comisión Europea,
a Coordenadora Europea Vía Campesina pide aos produtores/as de leite aumentar a súa mobilización e iniciar todas as accións necesarias para convencer á UE de que cambie esta política leiteira e aos consumidores e consumidoras da necesidade de que os produtores/as vivan dignamente do seu traballo.
Mentres a industria láctea e a grande distribución seguen aproveitándose dos baixos prezos grazas aos Gobernos da UE, estes últimos deberían preguntarse pola imaxe que dan da UE, a poucas semanas do importante referendo en Irlanda sobre o Tratado europeo de Lisboa. Hai máis electores e electoras que cadeas de supermercados.