A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. O SLG apoia a FOLGA DO LEITE encetada en Europa. O sector decidirá este luns se a folga é secundada na Galiza.

O SLG apoia a FOLGA DO LEITE encetada en Europa. O sector decidirá este luns se a folga é secundada na Galiza.

11 de Septembro do 2009

110909Carme Freire

Chamamos a tódalas gandeiras e gandeiros da Galiza, afiliad@s e non afiliad@s do SLG, a acudir ás asembleas que na noite do vindeiro luns, catorce de setembro, terán lugar en tódalas comarcas leiteiras do país, para valorarmos a entrada do sector produtor de leite da Galiza na FOLGA DO LEITE encetada no día de hoxe en Europa.

Diante da crise de prezos que asolaga ao sector leiteiro galego e europeo, e da irresponsabilidade dos gobernos dos diferentes estados, que nestes días pasados se reuniron (Consello de Agricultura o 7 de setembro, intervención de Fischer o día 1) para seguir adoptando medidas que nos abocan á ruína ou ao peche da meirande parte das explotacións leiteiras, o Sindicato Labrego Galego:

 

Chama a tódalas gandeiras e gandeiros da Galiza, afiliad@s e non afiliad@s do SLG, a acudir ás asembleas que na noite do vindeiro luns, catorce de setembro, terán lugar en tódalas comarcas leiteiras do país, para valorarmos a entrada do sector produtor de leite da Galiza na FOLGA DO LEITE encetada no día de hoxe en Europa.

 

En oito países da Unión Europea (Francia, Alemaña, Holanda, Bélxica, Italia, Luxemburgo, Austria e Suíza) vén de se iniciar, dende onte pola noite, unha folga do leite na que se levará a cabo o bloqueo de industrias leiteiras.

 

O Sindicato Labrego Galego apoia esta folga contemplándoo coma un instrumento para mellorar o prezo do leite, así coma un paso adiante na consecución das modificacións das actuais políticas leiteiras en aras de acadarmos a redución (as pequenas explotacións ficarían exentas) e redistribución da cota leiteira, o control da produción e o establecemento dun prezo mínimo para o noso leite que cubra custos e remunere o traballo.

 

Reiteramos: o SLG apoia a folga, a decisión de levala a cabo na Galiza será tomada polas gandeiras e gandeiros o vindeiro luns.