A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. A Coordenadora Europea Via Campesina (ECVC) pide unha reunión extraordinaria do cumio da Unión Europea sobre a crise leiteira

A Coordenadora Europea Via Campesina (ECVC) pide unha reunión extraordinaria do cumio da Unión Europea sobre a crise leiteira

16 de Septembro do 2009

gandeiros franceses en folga-10 de setembro 09

Dado que o Consello de Ministros/as e a Comisión Europea non son capaces de asumir as súas responsabilidades, a Coordinación Europea Vía Campesina demanda á Unión Europea convocar con urxencia un Cumio Europeo extraordinario de Xefes/as de Estado sobre a cuestion da crise leiteira, que deberá supor a definición as liñas para outra Política Agraria Común e para un presuposto da Unión Europea que sexan lexitimos no plano económico, social medioambiental e internacional.

COMUNICADO DE PRENSA DA COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

 

Hoxe, mércores, en Bélxica, produtores e produtoras de leite do FUGEA (membro da ECVC) e do MIG (membro de EMB) verqueron nun campo o equivalente á produción leiteira dun día en Walonia.

Os últimos días o número de produtores de leite que se suicidan aumenta dramaticamente e hai casos que non se fixeron públicos.(1)

Son accións de desesperación ante o desprezo e a irresponsabilidade da Unión Europea (Gobernos e Comisión), que se negan a desbloquear a situación e a cambiar a política leiteira, A responsabilidade é grande tamén do COPA (Comité de Organizacions Profesionais Agricolas, que reaxiron en contra da mobilización dos e das productoras (2).

(1)3 produtores suicidaronse na última semana no Departamento de la Manche e outro inmolouse con lume no Finisterre (Francia)

(2)Ao presidente da FNSEA, ex presidente do COPA, foille impedido por gandeiros inaugurar o salon de gandería de Rennes pola súa actitude contra a folga do leite

 

 

gandeiros franceses folga 09 Gandeiras e gandeiros franceses en folga. REUTERS.