A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Non ao plan de erradicación de produtores e produtoras: Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiada produción!

Non ao plan de erradicación de produtores e produtoras: Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiada produción!

18 de Septembro do 2009

mobilización en bélxica

NdP Coordenadora Europea Vía Campesina. Fronte á cólera e ao desconcerto dos produtores e das produtoras, para quen destruír a súa produción de leite é un acto extremo, a Comisión Europea non atopou nada mellor que propoñer onte, mediante a intervención da comisaria Fischer no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, a eliminación das explotacións leiteira máis fráxiles.

Os últimos decenios de reestruturación permanente da agricultura europea (e da pesca), teñen demostrado que non é así como se reequilibran os mercados nin os recursos. A mesma produción concéntrase en cada vez menos explotacións, pero cada vez máis grandes, e cada vez máis industriais, e totalmente opostas ao modelo que precisamos para Copenhague (Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP 15) do 7 ao 18 de decembro) .

Non hai demasiados produtores e produtoras, hai demasiado leite. Cómpre controlar a produción e regulala, coas seguintes medidas:

1.- eliminando o mercado de cotas que a Unión Europea pode adaptar as necesidades do mercado.

2.- fomentando modos de produción duradeiros.

3- establecendo dereitos de aduana lexítimos para acabar con toda forma de dumping (exportacións a prezos por baixo dos custos de produción).

A Coordenadora Europea Vía Campesina, pide que a penalización por sobrepasar a cota sexa obrigatoria e non se deixe á elección dos estados membros. Esta medida debe ir en paralelo co establecemento dun prezo que cubra custos e remunere o traballo e un reparto máis xusto das cotas. As cantidades obtidas non deben ser utilizadas para a chamada “reestruturación”, senón para axudar manter as pequenas e medianas explotacións.

A Comisaria propón derivar á reestruturación leiteira as cantidades asignadas no chequeo médico para "novos desafios". Isto é un sen sentido a varias semanas de Copenhague, cando os retos climáticos, enerxéticos e de biodiversidade deberían ser unha prioridade política.

A proposta de pasar dunha regulación pública a unha xestión privada da crise, baixo a fórmula de contratualización entre industrias, produtores e produtoras é un novo agasallo ás industrias leiteiras, que preferirán unha minoría de explotacións, as máis grandes, ás que lle ofrecerán mellores contratos.

A transparencia de marxe entre produción e distribución, e a súa limitación son unha necesidade. Nos últimos anos, viuse ben que a quen beneficia a volatilidade das cotizacións é á distribución.

A proposta dun "mercado a prazo" para o leite é unha proposta perigosa e, máxime cando a crise financieira xa ten amosado os perigos da especulación. Coa alimentación non se xoga.

A Unión Europea fai mal xogando con lume, fai mal xogando coas posíbeis tensións entre produtores e produtoras. A cidadanía comprende que o leite debe ser pagado no seu xusto valor e producido de maneira duradeira.