Canda a non entrega de leite por parte de explotacións das comarcas do Xallas, Arzúa, Ordes, Compostela e Costa da Morte, levarase a cabo unha acción reivindicativa co obxectivo de transmitir que o prezo do leite é tan baixo que antes que regalarllo ás industrias para que se enriquezan á nosa costa e á dos consumidores e consumidoras, consideramos máis útil empregalo para chamar a atención da cidadanía e esixir solucións por parte dos gobernos a esta grave crise. Actualizada con imaxes e video.