A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As reivindicacións do sector leiteiro, secundadas n´A Terra Chá

LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As reivindicacións do sector leiteiro, secundadas n´A Terra Chá

27 de Septembro do 2009

280909-por un prezo xusto para o leite

 

O luns 28, as mobilizacións do sector leiteiro serán levadas adiante polas gandeiras e gandeiros d´A Terra Chá. Ás 12:30hrs. da mañá, xuntarémonos nunha leira situada a 3kms. de Vilalba, á beira da LU-541 en dirección Lugo. Parroquia de Noche.

Retomados dende o pasado mércores 23, estes actos reivindicativos levados adiante polo Sindicato Labrego Galego canda gandeiras e gandeiros de todo o sector, enmarcados nas mobilizacións que dende o pasado 10 de setembro están tendo lugar en tódolos países produtores de leite da UE, teñen coma obxectivo manter a presión da opinión pública sobor das medidas que dende as instancias europeas teñen que ser inmediatamente postas en funcionamento para rematar coa asfixiante situación de abuso que o sector produtor leiteiro europeo vén denunciando dende fai xa máis dun ano.

Dende o Sindicato Labrego Galego, así coma dende as organizacións integrantes da Coordenadora Europea Vía Campesina, esiximos para rematar con esta crise o establecemento dun prezo mínimo para o leite que cubra custes de produción e remunere o noso traballo, a redución da produción para equilibrar produción e demanda, a redistribución da cota global europea en base a criterios sociais e o mantemento de mecanismos de control da produción.

 

Nesta mobilización empregáronse aproximadamente 85.000litros de leite, trasadados en 10 cisternas, e cedidos pola práctica totalidade de explotacións da comarca, unhas 450 aproximadamente, comprendendo os concellos de Abadín, Guitiriz, Xermade, Vilalba, Cospeito e Castro de Rei.

 

 

Vídeos da mobilización:


http://www.youtube.com/watch?v=z-qzRysZtos
http://www.youtube.com/watch?v=YB3HiHloq98
http://www.youtube.com/watch?v=BTfgcM65SFY
http://www.youtube.com/watch?v=wMGyUPLJiPo

 

280909

 

280909

 

280909

 

280909

O gandeiro Xosé Luis Cendán e a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire, dan conta dos motivos que nos levan a manter activas as mobilizacións no sector leiteiro.

 

280909 Conchi, gandeira de Friol, traslada aos medios de comunicación as nosas reivindicacións.

 

280909

Carme Freire, Secretaria Xeral, e Lupe Prado, gandeira luguesa e Responsábel do Sector Leiteiro.

 280909

 

280909

280909

 

280909

 

 

280909

 

Arquivo de audio para descarregar: declaracións de Lupe Prado, Responsábel do Sector Leiteiro.

Ficheiro adxunto